Intenso está a ser o verán en Xove. Numerosas son as actividades que se están desenvolvendo, así como importantes son as citas que imos ter nos vindeiros días.
Enredar para Aprender – Mañáns de Verán.
Dirixido a xoves de entre 10 e 16 anos, contamos coa colaboración de cinco voluntarios/as xuvenís; o mesmo estase a desenvolver durante os meses de xullo e agosto. As actividades que se están realizando, son:
-Xogos no Exterior, coa recuperación de xogos populares orixinais.
-Cociñarte, ou a arte de cociñar receitas sinxelas.
-Recuncho de Tarefas, para desenvolver a creatividade.
-Ocio Alternativo, con E-Maker, S. Robótica e Minecraft.
-Educación Vial, para educar á mocidade na seguridade vial.
-Tics, actividades dentro do mundo da informática.
En total inscribíronse 23 persoas neste Programa, que desenvolven as súas actividades principalmente nas Aulas da OMIX (Aula de Xogos e Auloa de Informática).
VII Festa do Percebe.
Unha nova cita gastronómica repite este ano en Xove, lugar onde este próximo 14 de xullo vai ter lugar a VII FESTA DO PERCEBE. O éxito acadado na edición do pasado ano animou a Organización a repetir a experiencia. Concretamente vai ser unha carpa, ubicada na Praza do Concello no Centro Cívico de Xove, a que acolla a celebración novamente desta Festa. O evento vai comezar pola mañá ás 12:00 horas, cando se vai proceder as distintas degustacións, nas cales o percebe vai ser lóxicamente o rei.
As distintas especialidades que se van ofertar-+, son:
-RACIÓN DE PERCEBEs: 14 €UROS.
-RACIÓNS DE EMPANADA (de zamburinas, berberechos, mezclado de mariscos, polbo, bonito e xamón e quixo): 3 €
-BOTELLA DE VIÑO: 6 €
Esta oferta vai estar acompañada, para aqueles que o desexen, por un viño de albariño, a un prezo popular de 6 €uros a botella. Lóxicamente, tamén haberá todo tipo de bebida para os que collan outras opcións (augas, refrescos, cervexas, viño, etc.).
Como complemento educativo-cultural a esta Festa, as exposicións “O Percebe e o seu Ecosistema” e “O Polbo e o seu Ecosistema” estarán dispoñibles desde o 1 ata o 31 de xullo na Sala de Exposicións do Salón de Actos do Concello de Xove en horario de 10:00 a 21:00
Obradoiros.- vanse desenvolver o mesmo día da Festa, no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove a partires das 15:30 h. da tarde. Non é preciso realizar inscricións previas nin reservas, xa que se poderán apuntar alí mesmo; iso sí, haberá un aforo limitado. Nos mesmos poden participar nenas e nenos que sexan capaces de realizar manualidades.
(A idade mínima é de 4 anos orientativamente)
* Segundo as condicións meteorolóxicas os obradoiros poderían ser realizados no exterior.
As actividades, ademais de ser divertidas, teñen o obxectivo de dar a coñecer o percebe e o seu hábitat ás pequenas e pequenos que participen nas actividades, subliñando a importancia da conservación do medio ambiente.
Para acompañar a Festa, e durante toda a duración da mesma, a organización vai contar coa animación a cargo da Charanga OS CHARANGOS e dunha DISCOMOVIL, que van por o punto musical á mesma.
A Festa vaise prolongar ao longo do día, permitindo aos asistentes xantar e cenar se así o desexan.
A organización da Festa corre a cargo conxuntamente da Asociación de Festexos a Medorra e do Concello de Xove, contando coa colaboración patrocinio da Consellería do Mar, da Deputación de Lugo, do Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro A Mariña-Ortegal e o Fondo Europeo Marítimo de Pesca. Decir que esta Festa está dentro do Proxecto XOVE MIRANDO AO MAR.
Para rematar, aproveitar para invitar a participar nesta Festa a tódolos xovenses e mariñáns, así como a tódolos que nos visitan nestas datas estivais.
Embárcate con destino á Illa de Ansarón!
Este iniciativa, incluída tamén dentro do Proxecto XOVE MIRANDO AO MAR, pretende dar a coñecer a nosa costa desde unha perspectiva biolóxica e medioambiental, e tamén, como no, tamén paisaxística.
Neste sentido programáronse varias visitas por mar pola costa do noso Concello; o noso educador ambiental acompañará cada expedición nun fermosísimo paseo pola costa de Xove, descubrindo unha paisaxe insólita, os cantís de Morás, vista desde o mar. Na viaxe aprenderase sobre a biodiversidade e o ecosistema da zona facendo especial fincapé sobre o percebe e o polbo da pedra que habita nas nosas costas.
As visitas saen do Portiño de Morás nos seguintes horarios:
Sábado 14 de xullo:
16:00 – 17:15
17:30 – 18:45
19:00 – 20:00
Domingo 15 de xullo:
10:00 – 11:15
11:30 – 12:45
13:00 – 14:00
Sábado 25 de agosto:
16:00 – 17:15
17:30 – 18:45
19:00 – 20:00
Domingo 26 de agosto:
10:00 – 11:15
11:30 – 12:45
13:00 – 14:00
Tódalas visitas son gratuítas para as persoas que reserven e asistan.
Para reservar tes que cubrir e enviar o formulario que na páxina web se Xove Mirando ao Mar: http://mirandoaomar.xove.es/visitas-guiadas-a-ansaron. Haberá que depositar unha fianza de 30€ por persoa que se devolverá, por transferencia bancaria, despois de realizar a visita.
A idade mínima para participar nestas visitas é de 7 anos. As/os menores deberán estar sempre acompañadas/os dunha persoa adulta.
Recoméndase traer unha roupa axeitada ao tipo de actividades, aconsellamos un pantalón longo e un cortaventos (no mar sempre refresca).
Para todas as persoas que o precisen estarán dispoñibles os baños e vestiarios municipais da praia de Morás.
Decir, por ultimo, que inda quedan algunhas prazas para os días 14 e 15 de xullo; para as datas do 25 e 26 de agosto a dispoñibilidade é maior.
Clases de padel no verán
Esta actividade vai dirixida para todas as persoas maiores de 6 anos. O curso empezou o pasado 4 de xullo e vai durar ata o 10 de agosto. As Clases desenvólvense o mércores e venres en horario de 12:00 a 14:00, na Pista Municipal de Padel. En canto ao número de inscritos, temos un total de 10.