Riotorto
O Concello de Riotorto, coa colaboración das asociacións veciñais e culturais do municipio, organiza un baile de fin de ano, que comezará ás 01:00 horas da madrugada deste mércores, día 1 de xaneiro.
A entrada é gratuíta, haberá servizo de bar, estará amenizado coa música do dúo Estrellas e ás 05:30 horas repartirán chocolate gratis para todos os asistentes.
A parroquia da Órrea, no concello de Riotorto, celebra a Festa da Cocha este sábado, día 28 de decembro.
As actividades comezarán ás 12:00 horas con misa na honra a Santa Comba e San Silvestre. A continuación a sesión vermú estará amenizada polo dúo Venus, que tamén actuará na verbena, desde as 23:00 horas. E a media noite haberá chocolatada.
O Concello de Riotorto organiza unha excursión dos nenos/as do concello de Riotorto a Xuvenlugo. Será este xoves, día 26 de decembro, e é para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 2 e os 16 anos.
A saída será desde o CEIP de Riotorto ás 15:30 horas. En canto aos prezos desta actividade, para os nenos é gratuíto, pero os acompañantes deben pagar 10 euros por persoa, que inclúe merenda nas propias instalacións ou nun restaurante.
O horario de apertura das instalacións é de 16:30 a 21 horas. Poderá acudir un acompañante con cada neno ou nena.
Aquelas persoas que queiran participar nesta actividade deberán anotarse no Concello antes do día 25 de decembro.
O Concello de Riotorto organiza unha comida de Nadal para o mércores 18 de decembro ás 14:30 horas.
O menú será: fabada asturiana, codillo ó forno con patacas fritas, tarta de Riotorto e café. O prezo é de 25 euros por persoa.
Da música encargarase o dúo Dilema.
As persoas interesadas en participar deben apuntarse nos Centros Veciñais ou na Casa do Concello antes do 15 de decembro.
A parroquia de Órrea, no concello de Riotorto, celebrará un evento para o acendido das luces do Nadal este domingo, día 15 de decembro, ás 18:00 horas no local social A Travesa.
Está organizado pola Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea, que anuncia: “o día 15 a xunta directiva da asociación convídavos ao acendido das luces de Nadal, ás seis da tarde no local social. Haberá unha pequena merenda para todos os asistentes e sortearase unha cesta de Nadal, que será premiada ao gañador dun bingo ou recheo (gratis)”.
Riotorto acollerá un obradoiro sobre ciberseguridade o día 13 de novembro, mércores. Será de 16:00 a 18:00 horas na Aula Cemit, que está no Centro Sociocultural.
“Como podo protexer miñas contas?, Como debo configurar as miñas redes sociais?, Toda a información que consulto en internet é real?, Como podo detectar unha estafa recibida por correo? Na actualidade a ciberseguridade é máis relevante que nunca, con ameazas en constante evolución que poden afectar a calquera persoa que acceda a Internet ou utilice dispositivos intelixentes. Queres saber como protexerte? Descobre neste obradoiro as ameazas actuais, a pegada dixital en internet e as redes sociais e coñece o fenómeno da desinformación e as fake news. Toma o control da túa seguridade dixital! Apúntate a través da túa aula CeMIT! Reserva a túa praza no teléfono 646.21.82.96 (Vanesa)....
leer másA Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea, no concello de Riotorto, organiza un magosto este sábado, día 2 de novembro. Será desde as 20:00 horas no local social.
Haberá degustación de castañas, liscos e chourizos fritos. Os gastos cubriranse “seguindo o estilo de Ribadeo”, explica a organización, que tamén anuncia que para participar é necesario anotarse previamente no Whastapp 650.558.750. O prazo remata este mércores, 30 de outubro.
O Concello de Riotorto anuncia que acollerá un curso de sexualidade na adolescencia, que está dirixido fundamentalmente a familias e coidadores. Será impartido por Noelia Goás Gómez no Centro Sociocultural Avelino Díaz o día 23 de outubro, mércores, de 16:00 a 20:00 horas.
A inscrición, que é gratuíta, realizarase na Casa do Concello de Riotorto e no número de teléfono 982.34.62.22.
O Concello de Riotorto organiza unha excursión a Ávila e Toledo para os días 9 e 10 de novembro, sábado e domingo.
O sábado sairán desde a gasolineira e almorzarán en Vega de Valcarcel, farán unha visita guiada a Ávila e comerán nun restaurante desa cidade, par as 19:30 horas está prevista a chegada ao hotel, de 4 estrelas en Toledo, onde cearán ás 21:00 horas.
E o domingo almorzarán no hotel, a continuación terán unha visita guiada en Toledo, ás 14 horas comerán no hotel e ás 17:50 sairán cara a Riotorto e cearán ás 22 horas en Vega de Valcarcel.
O prezo é de 150 euros por persoa. Hai 50 praza e terán preferencia os usuarios dos centros veciñais.
Aquelas persoas que desexen acudir á viaxe deberán anotarse cos monitores dos centros veciñais ou no Concello de...
leer másFerrería, no concello de Riotorto, celebrará a festa na honra de San Antonio o día 21 de setembro, sábado.
As actividades comezarán ás 13:30 horas coa misa solemne, e despois haberá procesión e sesión vermú. Seguidamente celebrarase unha comida veciñal.
Os actos rematarán cunha festa verbena amenizada polo dúo Eclipse e DJ Bombardero.
O campo da festa estará cuberto con carpa.