A parroquia de Órrea, no concello de Riotorto, celebrará un evento para o acendido das luces do Nadal este domingo, día 15 de decembro, ás 18:00 horas no local social A Travesa.
Está organizado pola Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea, que anuncia: “o día 15 a xunta directiva da asociación convídavos ao acendido das luces de Nadal, ás seis da tarde no local social. Haberá unha pequena merenda para todos os asistentes e sortearase unha cesta de Nadal, que será premiada ao gañador dun bingo ou recheo (gratis)”.