Riotorto acolle un curso de sexualidade na adolescencia este mércores, 23 de outubro

O Concello de Riotorto anuncia que acollerá un curso de sexualidade na adolescencia, que está dirixido fundamentalmente a familias e coidadores. Será impartido por Noelia Goás Gómez no Centro Sociocultural Avelino Díaz o día 23 de outubro, mércores, de 16:00 a 20:00 horas.

A inscrición, que é gratuíta, realizarase na Casa do Concello de Riotorto e no número de teléfono 982.34.62.22.