Riotorto
Os días 25 e 26 de maio, sábado e domingo, celebrarase en Riotorto a segunda edición do Trail e Andaina Os Muíños. Esta proba está organizada pola Asociación de Veciños da Ferreira e o Concello de Riotorto.
O sábado día 25 será a andaina, de 14 quilómetros, a partir das 16:00 horas. E o domingo 26 ás 09:30 horas comezará o trail longo, que percorrerá un traxecto de 27 quilómetros, e o trail corto sairá ás 10 da mañá e será de 17 quilómetros.
As inscricións para participar poden realizarse ata o 21 de maio en www.galitiming.com.
A décimo quinta edición da Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto celebrarase este domingo, 21 de abril.
As actividades empezarán ás 11:00 horas coa apertura da feira, na que haberá artesanía dos ferreiros de Riotorto, exposición de artesáns e produtos do campo.
A partir das 11:15 horas haberá demostración de oficios artesáns e ás 12:00 horas actuará o Coro de Riotorto. A inauguración oficial está programada para as 12:15 horas e ás 12:45 horas terá lugar un obradoiro do ferro infantil. Para os máis pequenos haberá tamén un espectáculo de maxia ás 19:00 horas no atrio da igrexa.
A animación musical da xornada correrá a cargo dos gaiteiros de Riotorto e a charanga NBA.
O recinto feiral estará cuberto con carpa.
O pavillón municipal de Riotorto acollerá o mércores 27 de marzo desde as 22:30 horas unha cea colaboración organizada pola comisión de festas de San Cristóbal.
Despois de cear empezará o baile amenizado pola orquestra Saudade e o DJ Bombardero. Tamén sorteos, sorpresas e servizo de bar.
O prezo é de 30 euros para adultos e de 18 euros para os nenos de 3 a 10 anos de idade.
Vilaseca é un lugar da parroquia de Santa Marta de Meilán, no concello de Riotorto, que celebra as súas festas na honra a San Xosé e a Nosa Señora os días 16, 17 e 23 de marzo, nun campo cuberto con carpa.
O sábado 16 ás 13:30 horas haberá misa solemne e procesión. A continuación terá lugar a sesión vermú, amenizada pola orquestra Salsarena, que tamén actuará pola noite na verbena, xunto a Tania y su acordeón.
O domingo 17 ás 13:45 horas celebrarase misa solemne e procesión. E despois haberá sesión vermú prolongada, co dúo Eclipse.
E o sábado 23 ás 13:30 horas será a misa solemne e procesión. A continuación terá lugar a sesión vermú, amenizada por Verónica Cambón. Seguidamente celebrarase un xantar popular e pola tarde noite haberá verbena, con Verónica Cambón e o dúo Belinda.
...
O Concello de Riotorto organiza unha comida de Entroido, que se celebrará o 21 de febreiro, mércores ás 14:30 horas.
O menú estará composto por sopa, cocido completo, sobremesa e café. Será servido por Mesón O Sarredo e haberá música coa actuación do dúo Muralla. O prezo é de 27 euros por persoa.
As persoas interesadas en participar deben apuntarse nos centros veciñais ou no Concello antes do 18 de febreiro.
O Concello de Riotorto organiza unha festa de Entroido Infantil para o 13 de febreiro, martes, no pavillón municipal.
Será de 17:00 a 20:00 horas e haberá inchables e chocolate con churros para todos os asistentes.
Na cabalgata de Reis de Riotorto, que se celebrará este venres, 5 de xaneiro, desde as 20:30 horas haberá un agasallo para todos os nenos que asistan e actuará o coro e o grupo de gaitas de Riotorto.
Os Reis Magos farán un percorrido polas rúas do concello e está previsto que cheguen ó salón de actos ás 21:00 horas. No Centro Sociocultural servirase un chocolate e roscón de Reis totalmente gratuítos.
Está organizada polo Concello de Riotorto e aquelas persoas que desexen colaborar na cabalgata deben chamar ao teléfono 982.34.62.22.
O Concello de Riotorto, coa colaboración de asociacións veciñais e culturais do municipio, organiza un baile de fin de ano, que terá lugar no centro sociocultural Avelino Díaz, nas Rodrigas, a partir da unha da madrugada do día 1 de xaneiro de 2024. A entrada é gratuíta.
Haberá verbena amenizada polo dúo Belinda, servizo de bar e ás 05:30 horas servirase chocolate gratis.
A comisión de festas da parroquia da Órrea, no concello de Riotorto, organiza un evento para despedir o ano 2023. Será o sábado 30 e o domingo 31.
O sábado 30 a partir das 23:00 horas haberá chocolatada e verbena amenizada polo cantante Dani Pardo. E ao día seguinte celebrarase unha misa solemne ás 14:00 horas e a continuación sesión vermú, na que tamén actuará Dani Pardo.
A Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea organiza a visita da Apalpadora a esa parroquia de Riotorto para o 29 de decembro, venres. Será ás 17:00 horas na Escola da Órrea e haberá chocolate.
Esta actividade, dirixida especialmente para nenas e nenos, conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo.
- « primero
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- siguiente ›
- última »