Alfoz

Etiquetas:
23/01/2025

O Castelo de Castrodouro, en Alfoz, acolle a exposición itinerante titulada Á violencia de xénero dille... Non!. Estará aberta ata o día 14 de febreiro e pode visitarse neste horario: de xoves a domingo, de 15:00 a 18:30; e os domingos, de 10:30 - 14:00 horas.

Esta actividade enmárcase no programa do Concello de Alfoz contra a violencia de xénero.

Etiquetas:
13/01/2025

A parroquia de Lagoa, no concello de Alfoz, celebrará as festas na honra a San Vicente os días 25 e 26 de xaneiro, sábado e domingo.

As actividades empezarán o sábado ás 21:00 horas coa Festa dos Callos. A organización anuncia que “haberá mesas e bancos e queimada popular gratuíta. A festa verbena estará amenizada pola orquestra Finisterre.

E o domingo ás 13:00 horas celebrarase misa e procesión, seguida de sesión vermú co grupo Lume.

O recinto estará cuberto con carpa e terá calefacción.

Etiquetas:
12/01/2025

A parroquia de Carballido, no concello de Alfoz, celebrará as festas de San Sebastián os días 18 e 19 de xaneiro, sábado e domingo. Serán no atrio, onde haberá carpa climatizada.

As actividades comezarán o sábado a partir das 13:30 horas, cando haberá misa, procesión e sesión vermú co grupo La Tremenda, que tamén actuará na verbena xunto a Discomóvil Conxuro.

E o domingo a partir das 13:30 horas haberá misa, procesión e macro sesión vermú con Xilo e Carlos.

Etiquetas:
02/01/2025

A Cabalgata dos Reis Magos en Alfoz será este domingo, día 5 de xaneiro, e empezará ás 16:00 horas na Casa da Cultura.

Este evento está organizado pola Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, que anuncia: “a tarde do 5 de xaneiro teremos unha visita moi especial, os Reis Magos de Oriente pasarán polo concello de Alfoz. A cabalgata pasará polas diferentes parroquias. Os reis, xunto cos seus paxes, escoitarán e recollerán as cartas dos máis pequenos e pequenas. O percorrido rematará no Castelo de Castrodouro, onde os nenos e nenas poderán tamén depositar a súa carta, conversar coas súas maxestades e desfrutar dun chocolate quente con biscoito”.

Etiquetas:
27/12/2024

O pavillón municipal de Alfoz acollerá actividades e xogos para nenos, nenas e rapazada os días 29 e 30 de decembro, domingo e luns, desde as 17:30 ata as 20:30 horas.

“Dende a Área de Cultura invitámosvos a que veñades rematar o ano de xeito moi divertido a Alfoz: xogos, inchables, pintacaras, toro mecánico, láser tag, etcétera. Actividades ata os 18 anos totalmente de balde”, anuncia o Concello de Alfoz.

 

Etiquetas:
23/12/2024

A Banda de Música Mestre López, da Escola de Música do Valadouro, ofrecerá un concerto no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz este sábado, día 28 de decembro, ás 19:30 horas.

O Concello de Alfoz anuncia: “o próximo sábado temos un concerto para despedir o ano! Ás 19:30 horas os nenos e nenas da Banda de Música Mestre López, de O Valadouro, farannos un concerto moi emotivo. Non o perdades”.

17/12/2024

Alfoz recibirá a visita de Papá Noel e acollerá un concerto da banda de música Pascual Veiga, de Mondoñedo, este sábado, día 21 de decembro.

O Concello de Alfoz anuncia: “o próximo sábado 21 na Biblioteca de Alfoz teremos unha visita moi especial, ás 18.00 horas, recibiremos a Papá Noel, que estará encantado de coñecer a todas as nenas e nenos que se acerquen! Recordade traer as vosas cartas ao buzón máxico. E no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz ás 19.30 horas teremos un concerto de Nadal a cargo da Banda de Música Pascual Veiga de Mondoñedo”.

10/12/2024

O Concello de Alfoz entrega os premios da vixésimo segunda edición do concurso de postais de Nadal e ofrece o espectáculo O Apalpador e as palabras perdidas este sábado, día 14 de decembro. Será ás 19:00 horas no salón de actos municipal e haberá un agasallo para todas as nenas e nenos asistentes.

 “O Apalpador e as palabras perdidas é un espectáculo de teatro actoral, monicreques, hologramas música e moito agarimo. Un espectáculo que non deixará indiferente a ninguén e no que os xogos tradicionais e as palabras perdidas serán grandes protagonistas. Ben é sabido que O Apalpador baixa cada ano dende o Courel para traer castañas e agasallos e dende que coñeceu á nena sen medo tamén coñeceu novas palabras; palabras en galego, mais algunhas van esquecéndose mesmo para el. Un retorno ao pasado faranos lembrar. Buscaremos,...

leer más
Etiquetas:
07/12/2024

A Oficina de Turismo do Concello de Alfoz convoca un concurso de fotografía da Estrela do Castelo de Pardo de Cela en Facebook e Instagram.

Para participar hai que seguir as contas de turismo de Alfoz en Facebook ou Instagram, comentar a publicación sobre este concurso e publicar unha fotografía da estrela do Castelo de Pardo de Cela.

“Se segues todos estes pasos tes premio asegurado e para recollelo deberedes pasar no horario de apertura da Oficina de Información Turística: venres de 15:00 a 18:30 horas; e sábados, domingos e festivos, de 10:30 a 14:00 e 15:00 a 18:30 horas”, explica o Concello de Alfoz.

O prazo para participar remata o 15 de xaneiro.

Etiquetas:
02/12/2024

Alfoz terá actividades de Nadal os días 14, 21, 28, 29 e 30 de decembro, todas elas con entrada de balde.

O Concello de Alfoz anuncia: “chega o mes de decembro e con el unha ampla e variada planificación de actividades programadas dende a Área de Cultura. O día 14 ás 19.00h no salón de actos, teremos unha xornada para os máis pequenos e as súas familias, coa representación teatral e musical de "O apalpador e as palabras perdidas", con agasallos para todos os nenos e nenas asistentes, ao acabar a función farase entrega dos premios do XXII Concurso de postais de Nadal. Tamén se inaugurará a exposición na Biblioteca de toda as postais presentadas ao concurso. O día 21 teremos unha visita moi especial na Biblioteca Municipal, desde as 18:00 ata as 20:00 horas estará Papá Noel para recibir a todos os nenos e nenas, coñecelos e falar con eles,...

leer más