Xove
A Biblioteca Municipal de Xove convoca o concurso de postais de Nadal 2024-25.
Hai 5 categorías con tres premios para cada unha: de 4º a 6º de Educación Infantil; 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de Primaria; e de 1° a 4º de ESO.
Poderá participar nenos e nenas e rapaces e rapazas do concello de Xove, que deberán presentar postais de Nadal tamaño cuartilla (metade dun folio) na Biblioteca Municipal de Xove ata o día 13 de decembro incluído.
As bases deste concurso están depositadas na Biblioteca Municipal e publicadas na páxina web do Concello: http://www.xove.es.
O Concello de Xove organiza diversas actividades contra a violencia de xénero desde este xoves, día 21 de novembro, ata o 9 de decembro.
Este xoves proxectarase o documental titulado "En deuda con todas", actividade de Cineforo ACPP (Fondo Galego de Cooperación). Será ás 20:30 horas na Aula de Formación.
O luns 25 de novembro haberá unha proxección das Viñetas Narradas polo alumnado do CEIP Pedro Caselles Rollán e do IES Illa de Sarón ás 11:00 horas no Salón de Actos. A continuación terá lugar a lectura dun manifesto e a creación de un gran lazo morado na Praza do Concello, simbolizando a importancia de cada persoa na unidade fronte á violencia contra as mulleres.
Para o día 2 de decembro, luns, está programado o taller titulado “Os cambios na pubertade e a chegada da menstruación”,...
leer másO GALP A Mariña Ortegal explica que “aprender de experiencias que poñen en valor o patrimonio cultural ligado ao mar, á zona costeira e á tradición mariñeira é unha boa maneira de fomentar o crecemento económico do territorio a través de iniciativas que potencien a economía azul. A cultura é un importante elemento que pode dinamizar e servir de base para que o sector pesqueiro se involucre en proxectos que van máis alá do puramente produtivo e extractivo, vinculado aos recursos pesqueiros. O patrimonio cultural é un factor que contribúe ao desenvolvemento turístico é á xeración de riqueza nas zonas costeiras, motivo polo cal dende o GALP A Mariña Ortegal se está organizando unha xornada que abordará esta temática, co obxectivo de promover proxectos que incrementen o valor engadido para o sector pesqueiro e contribúan á diversificación das súas actividades,...
leer másO salón de actos do Concello de Xove acollerá un taller sobre a menopausa o día 8 de novembro, venres, ás 19:00 horas. Será impartido pola matrona María González Cociña.
É unha actividade organizada polo Departamento Municipal de Servizos Sociais do Concello de Xove, que explica que é “un taller que ofrece información detallada sobre os cambios hormonais e físicos que acontecen xa na perimenopausia e logo na menopausia, proporcionando ferramentas moi útiles e valiosas para afrontar mellor estas etapas da vida”.
A sétima edición da Marcha Xoviética de bicicletas todoterreo celebrarase este domingo, 20 de outubro, en Xove.
A organización corre a cargo do Club Ciclista Komando Xoviético, que explica que é unha proba deportiva “para todos os públicos e amantes do ciclismo de montaña. Trátase dunha marcha non competitiva, apta para todos os niveis”.
A entrega de dorsais e bolsa de corredor será o día da proba de 8:30 a 9:15 horas no Pavillón do Concello de Xove. A saída da proba será ás 9:30 horas, a ruta é de aproximadamente 37 quilómetros e 1.200 metros de desnivel acumulado.
As inscricións fanse a través da páxina web https://fgalegaciclismo.es/ e o prazo remata este mércores, 16 de outubro.
O Alto do Cruceiro, localidade da parroquia de Xuances (Xove), celebrará a Festa do Ramo desde o venres 4 ata o domingo 6 de outubro.
As actividades empezarán o venres ás oito da tarde coa XVI Festa dos Callos, na que cada ración con pan e viño terá un prezo de 9 euros. E na verbena actuarán a orquestra Marbella e Discomóbil Conxuro.
O sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión e ás 14:00 horas comezará a sesión vermú coa orquestra Magos, que tamén actuará na verbena xunto á Discomóbil Conxuro.
E o domingo ás 13:00 horas haberá sesión vermú prolongada con Verónica Cambón.
Da organización encárgase a Asociación Cultural e de Festexos Alto do Cruceiro, que destaca que o campo da festa estará cuberto por unha gran carpa.
A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Xove organiza para os vindeiros días 8 e 10 de outubro, martes e xoves, os obradoiros “Sexualidade na adolescencia”e “Alimentación na infancia”, que serán impartidos por Noelia Goás Gómez, matrona no Centro de Saúde de Vilalba.
Terán lugar na aula de formación do Concello de Xove, de maneira gratuíta e, do seguinte modo: “Sexualidade na adolescencia”, dirixido a pais/nais e/o persoas coidadoras, os días 8 e 10 de outubro en horario de 18:30 a 21:00 horas; e “Alimentación na infancia”, que se repartirá en dúas partes; a primeira é Alimentación no 1º ano de vida (lactancia materna, lactancia artificial e primeiros alimentos) e desenvolverase o 8 de outubro de 16:00 a 18:30 horas; e a segunda é Alimentación a partir do 1º ano de vida e realizarase o 10 de outubro de 16:00 a 18:30 horas.
... leer másA décimo terceira edición do Encontro de Palilleiras “Coas Nosas Mans” do Concello de Xove, que se celebrará o sábado 5 de outubro no Pavillón Municipal de Deportes, ten aberta a inscrición para participar ata o día 30 de setembro.
“Neste momento xa superamos as 150 palilleiras anotadas para este evento, as cales veñen dende as catro provincias galegas e tamén da veciña Asturias. Hai anotadas varias mozas menores de 15 anos e un mozo, un dato que nos ofrece moi boas perspectivas sobre a renovación xeracional neste bonito oficio artesanal e tamén pequenos indicios de superación do estereotipo de que a costura, os palillos e o bordado son oficios unicamente de mulleres. Polo que respecta ás vendedoras e vendedores, xa superan os 20 postos e estamos a piques de pechar a súa inscrición por falta de espazo. Para inscribirse as asociacións de...
leer másO Concello de Xove ofrece obradoiros para persoas maiores no programa de outono inverno, que organizan as delegacións de Xuventude e Deporte, Servizos Sociais e Igualdade e a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).
Dende o día 1 de outubro ata maio de 2025 desenvolverase obradoiros de bordado, bolillos e ioga. Tamén haberá cursos de informática para maiores do 4 de novembro ao 9 de decembro e outras actividades como ximnasia na auga, ximnasia de mantemento, aerobic & full body, pilates e escola de maiores.
O prazo de inscrición ábrese este mércores 18 e remata o día 26 na OMIX.
A décimo sexta edición da Foliada da Mariña celebrarase na Praza do Concello de Xove este sábado, día 14 de setembro, ás 20:00 horas. Haberá música en directo, foliada libre e sorteos. Pero xa ao mediodía, a partir das 12:00 horas, terán cantos de taberna nos bares de Xove.
Está organizada pola Asociación Cultural Saíñas, que anima a asistir para “celebrar a música, a danza e a cultura galega. Non perdas este evento cheo de tradición e diversión”.