Baile
O Concello de Riotorto, coa colaboración das asociacións veciñais e culturais do municipio, organiza un baile de fin de ano, que comezará ás 01:00 horas da madrugada deste mércores, día 1 de xaneiro.
A entrada é gratuíta, haberá servizo de bar, estará amenizado coa música do dúo Estrellas e ás 05:30 horas repartirán chocolate gratis para todos os asistentes.
O Club de Fútbol Celta Barreiros e a comparsa Os Macanudos organizan un xantar baile que se celebrará este domingo, día 1 de decembro, no polideportivo de San Cosme de Barreiros.
As actividades da xornada comezarán ás 13.30 horas con sesión vermú; ás 14:30 horas empezará o xantar e continuación haberá baile. A música correrá a cargo de Conxuro Discomovil e haberá sorteos e sorpresas.
O Mondoñedo Fútbol Club organiza unha cea baile que se celebrará o día 16 de novembro, sábado, ás 22:00 horas en Finca San Antonio.
O menú estará composto por mexillóns ao vapor, pescada á galega, costela asada, postre, café, chupito, viños godello e Rioja. Estará amenizada pola discoteca móbil Eventec.
O prezo son 32 euros e as entradas están á venda e O Palique, Cafetería Segundo e O Rincón de Mondoñedo.
A Asociación de Veciños San Pedro da Ribeira de Saldoira, no concello da Pontenova, anuncia que “o proxecto Ninfas, da Asociación de Empresarias da Provincia de Lugo en colaboración coa Deputación de Lugo, chega a Saldoira o venres 18 de outubro. Teremos baile dende ás 20:00 ata ás 22:00 horas”.
O colectivo Pensamento e Sementeira, de Viveiro, organiza aulas de baile “foliadeiro” a cargo do profesor Miguel Abad, que comezarán este mércores, día 9 de outubro.
“Contaremos con dous grupos: mércores ás 19.30 horas, Iniciación (para que non sabe nada); e mércores 20.30 horas (para quen xa sabe algo). O custo das aulas será de 15 euros ao mes para persoas socias e de 20 euros ao mes para non socias, pero, por suposto, se queres desfrutar do desconto para socias, aínda estás a tempo de inscribirte no seguinte link:...
leer másO Concello de Barreiros volve a ofertar clases de baile a partir de outubro. Realizaranse os mércores de 17:30 a 18:30 horas nos colexios vellos de San Miguel e de 19 a 20 horas no centro sociocultural de San Cosme. As clases estarán orientadas á iniciación nos bailes de verbena con modalidades como tango, bachata, salsa, vals, etcétera.
As clases serán impartidas por María Dolores González Alves, profesional recoñecida con anos de experiencia no baile e a docencia. Terán un prezo por persoa de 15 euros o mes e comezarán o día 2 de outubro. Toda persoa interesada deberá facer a inscrición nas oficinas do Concello de Barreiros ata completar prazas.
A actividade de baile súmase ás de ximnasia de mantemento, ioga, pilates, zumba e espalda saudable, actividades ofertadas nas escolas deportivas de adultos que se...
leer másEste sábado, 18 de maio, a partir das 17 horas no centro social Xebra, na rúa Leandro Cucurny 19, de Burela, haberá un obradoiro de baile tradicional e foliada aberta.
Iria Fernández Moscoso, integrante da asociación Fervenza, é a encargada de impartir o obradoiro, que servirá como primeiro achegamento para quen entra no baile por vez primeira e quere perderlle o medo ás foliadas.
A organización anuncia tamén que “despois da clase práctica celebrarase unha foliada aberta no local, no que estarán presentes algunhas das agrupacións musicais da bisbarra”.
Desde o centro social Xebra “convidan a todas as persoas que gosten da música de raíz a se achegar para desfrutar dunha velada chea de música, baile e petiscos”.
O Praias de Barreiros Club Deportivo celebrará a súa cea baile desta tempada 2023-24 o sábado 11 de maio ás 21:30 horas no restaurante A Ribeira, de Benquerencia.
A organización anuncia: “se queres volver a desfrutar desa noite fantástica na que se xunta toda a familia verde, xa podes mercar a túa entrada no propio restaurante A Ribeira, a través de calquera membro da directiva ou a través de calquera das nosas canles e redes sociais. Date présa, pois o aforo é limitado e non queremos que te perdas esta gran cita. Para amenizar a velada contaremos coa presenza da Discomovil EvenTeC, que de seguro que nos fará baixar ben a comida con uns bailes”.
O prezo da entrada son 30 euros para os adultos e 15 euros para os menores de 10 anos.
A asociación cultural A Tribo da Travesía organiza o IV Baile da Travesía que se celebrará no Círculo Habanero da Devesa (Ribadeo) este venres, 19 de abril, a partir das 20:30 horas.
Actuarán os grupos Oreya y media, SCR Ledicia e Os pandereteiros do inferno.
Este sábado, 20 de abril, haberá un novo guateque de Arruguiñas, que será amenizado polo dúo Eclipse. Será na Escola de Rúa ás 21:00 horas.
Está organizado polo Concello de Cervo en colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras.