Ribadeo
A agrupación cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, anuncia: “o vindeiro venres 13 ás 19:30 horas temos cita co mundo dos libros na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo. Vainos visitar Severino Fernández Abel cun excelente agasallo: unha boa conversa sobre a súa Tradición oral recuperada das tebras”.
Na presentación acompañarán o autor X. Manuel Lobato e Dores Fernández Abel.
A campaña Galicia Sabe Amar da Xunta estará o vindeiro domingo, 15 de decembro, en Ribadeo. Será de 12 a 15 horas e de 17 a 20 horas na rúa San Francisco.
Galicia Sabe Amar, promovida pola Consellería do Mar, continúa achegando á veciñanza o mellor sabor das rías galegas promovendo o consumo de peixe e marisco, polos múltiples beneficios que ten para a saúde debido á súa riqueza nutritiva. Ademais de fomentar a mellora dos hábitos alimenticios e a saúde da poboación tamén contribúe a divulgar a excelente calidade dos produtos da costa galega.
Na foodtruck, que estará o domingo en Ribadeo, haberá degustacións de diversos produtos das rías galegas. O alcalde, Dani Vega, anima á cidadanía de Ribadeo “a achegarse a saborear as exquisiteces que nos ofrecerá Galicia Sabe Amar, unha campaña que xa pasou por Ribadeo...
leer másRibadeo acolle ata o día 5 de xaneiro, domingo, un Rastrillo de Nadal da Asociación Española Contra o Cancro.
Está na Rúa Viejo Pancho, número 4, baixo, e o horario anúnciase na porta do local.
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra este sábado, 14 de decembro, ás 11:30 e ás 18:00 horas, no Auditorio Municipal Hernán Naval o seu tradicional festival de Nadal. Na sesión da mañá será o alumnado máis pequeno do centro o que participe. Xa na sesión da tarde serán as grandes agrupacións das diferentes especialidades instrumentais e de danza.
No repertorio deste ano non faltan as panxoliñas, pero tamén haberá cabida para outros ritmos como a música moderna ou a tradicional. “O de Nadal é, xunto con fin de curso, o festival que máis éxito ten tanto entre o alumnado coma entre o público de aí que cada ano procuremos ofrecer cousas novas tanto a nivel de repertorio coma de posta en escena”, explica Hugo García, o responsable da EMMeD de Ribadeo.
Pero, sen dúbida, o aspecto máis destacado...
leer másO libro titulado “Federico Mediante. El Salgari español”, escrito por Ana Rosa Martínez Loredo, será presentado en Ribadeo este martes, día 10 de decembro.
O acto será ás 20:00 horas na Casa do Concello de Ribadeo, concretamente no Salón dos Alcaldes, e intervirán Pablo Rodríguez Fernández (libreiro e investigador de emigración), o xornalista Martín Fernández Vizoso; o editor, Antonio Andina Penabad; e Ana Rosa Martínez Loredo (autora e neta do escritor Federico Mediante).
Acisa Ribadeo repartirá 2.000 vasos entre os establecementos de ocio nocturno asociados para estas datas de Nadal, nas que estes locais poderán abrir dúas horas máis.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou que “Acisa está a poñer todos os seus esforzos na campaña de Nadal, unha cita na que nos implicamos de xeito especial, xa que se trata dunhas datas de gran afluencia en Ribadeo, que cada ano se fai máis importante para o comercio e a hostalería ribadense, e que xera unha actividade económica inigualable. Todos os negocios están xa preparados para o comezo do Nadal, que se podería dicir que foi inaugurado a fin de semana pasada e que comezará de xeito efectivo dende esta ponte festiva. A hostalería está disposta para atender da mellor forma posible aos milleiros de persoas se achegarán á nosa vila. Por iso cada ano, desde Acisa...
leer másA décima edición do Festival de Jazz e Blues de Ribadeo rematará esta fin de semana cos concertos da galega Ángeles Dorrío Band, que será o venres, e dos estadounidenses Bridget Bazile New Orleans Gospel Choir, que actuarán o sábado. Nos dous casos o escenario é o auditorio municipal Hernán Naval e empezarán ás 20:00 horas. As entradas están á venda en ataquilla.com: https://entradas.ataquilla.com/es/ventaentradas/conciertos_blues2fjazz/616-auditorio-municipal-hernan-naval-/x3agrm33-x-festival-de-jazz-26-blues-de-ribadeo?fbclid=...
leer másA pista de xeo será un grande atractivo do Nadal en Ribadeo. A instalación estará aberta do 5 de decembro ao 5 de xaneiro.
A concelleira de Turismo e Comercio, Marta Saiz, explica que “a pista de xeo estará instalada por segundo ano nunha das carpas da Avenida Rosalía de Castro. O acceso terá un custe de 5 euros. As entradas poderán adquirirse directamente no recinto”.
A edil ribadense subliña que “para apoiar a actividade comercial e hostaleira de Ribadeo aplicarase un desconto de 2 euros a aquelas persoas que presenten un tícket de compra ou consumición superior a 10 euros realizados en calquera establecemento de Ribadeo. Os primeiros 2.000 tíckets terán un desconto de 2 euros no prezo da entrada, polo que pagarán tan so 3 euros polo acceso á pista de xeo”.
Saiz indica que “solo serán...
leer másA XIV Festa do Comercio, que organiza Acisa, terá lugar o 11 de xaneiro nas carpas situadas na Avenida Rosalía de Castro ás 20:30 horas. Trátase dunha edición moi especial coa que culminará o ano no que a asociación conmemorou o seu trinta e cinco aniversario.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, dixo que “con esta campaña queremos poñer o broche de ouro á conmemoración do 35 aniversario de Acisa Ribadeo que celebramos neste 2024. De aí que pensásemos en mandar a unha parella a Mallorca a pasar uns días, porque unha das primeiras directivas que tivo Acisa nos seus inicios xa sorteara unha viaxe a esa illa. E fíxonos ilusión repetir esa experiencia para pechar este ano tan especial para a nosa asociación”.
Cruzado Iglesias explicou que “hoxe presentamos a campaña da XIV Festa do Comercio, que se desenvolverá...
leer más