Ribadeo
Acisa colabora co Concello de Ribadeo na cuarta edición da campaña das Panchas, a moeda local ribadense, que arrincará o vindeiro 1 de outubro e se prolongará ata o 31 de decembro. Desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos prestarase asesoramento ás empresas, sexan asociadas ou non, e tamén aos clientes dos negocios de Ribadeo.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “o que faremos no noso horario de oficina será resolver esas dúbidas que tanto os negocios coma os seus clientes poden ter á hora de operar coas panchas, de baixar a aplicación correspondente… de luns a venres de 9:30 a 14:30 horas e luns e xoves de 15:30 a 18:30 horas estaremos a disposición dos establecementos participantes e da veciñanza”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, subliñou que “o que todos queremos é...
leer másRibadeo será escenario os días 23 e 24 de setembro do FestivalEo da Alimentación Sustentable, que organiza Eo Alimenta. O evento foi presentado este mediodía.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, sinalou que “en Ribadeo no parque de San Francisco o venres 23 e o sábado 24 de setembro celebraremos a primeira edición do FestivalEo da Alimentación Sustentable, unha mestura de feira de alimentación de produtoras e produtores agroecolóxicos de proximidade, de artesanía, espazos de exposición, de debate e de dar a coñecer proxectos de realidades asociativas e empresariais relacionadas coa produción, coa distribución e co consumo de alimentos. Haberá moita actividade musical e animación durante estes dous días, como se recolle no amplo programa”.
O edil ribadense dixo: “aproveito para agradecer a axuda...
leer másMedio Rural da Deputación de Lugo impulsa o FestivalEo da Alimentación Sustentable, que se celebrará o venres 23 e o sábado 24 en Ribadeo co obxectivo de promocionar e poñer en valor a alimentación e a artesanía de proximidade.
A deputada Mónica Freire explicou que “se trata dunha iniciativa transversal dentro das liñas estratéxicas impulsadas dende a área de Medio Rural da Deputación de Lugo, xa que procura a redución da dependencia de materias primas do exterior dadas as condicións que se están dando tanto dende o punto de vista de cambio climático coma da escaseza nos mercados internacionais”.
“Debemos ser capaces de camiñar cara a soberanía alimentaria, fundamentalmente dende a produción primaria agraria. Actividades tan dinámicas como o propio Festival Eo de Alimentación Sustentable ou proxectos como a...
leer másAta o 30 de setembro estará aberto o praza de matrículas nas escolas deportivas de inverno, que organiza o Concello de Ribadeo. Vanse impartir once modalidades.
A concelleira Mónica Freire explica que “outro ano máis vimos de abrir o prazo de matrícula das escolas deportivas desde onte, luns, e ata o día 30 deste mes. O inicio das actividades da comezo entre esta semana e o 14 de outubro. E o fin das escolas está programado entre o 19 de maio e o 14 de xuño”.
A edil ribadense sinala que “este ano son once as modalidades deportivas ofertadas: atletismo, baloncesto, fútbol, fútbol sala, hóckei liña, natación, pádel, patinaxe, tenis, ximnasia rítmica e tenis de mesa. As escolas deportivas de inverno están destinadas a nenas e nenos nados desde 2009 a 2018, ambos incluídos. Nas que teñen límite de prazas realizarase...
leer másA Área de Igualdade do Concello de Ribadeo organiza un obradoiro de risoterapia para mulleres.
A edil Mónica Freire explica que “continuamos organizando actividades que ofrezan ferramentas ás mulleres para fortalecerse. O obxectivo é brindar ás participantes un espazo onde aprender a utilizar os beneficios da risa reducindo a ansiedade e aumentando a súa enerxía para afrontar as situacións cotiás. O coidado do entusiasmo é un factor crave do empoderamento e queremos fomentalo”.
A concelleira ribadense sinala que “con esta terapia ancestral traballaremos, entre outras cousas, a autoestima, o estrés e a desinhibición. Aprenderemos a estar máis receptivas e a harmonizar corpo e mente. Parécenos fundamental continuar creando espazos de sororidade para tecer redes de apoio que empuxen a eses cambios que a nosa...
leer másDos profesores de Turquía visitarán A Mariña durante 10 días en el próximo mes de octubre en una actividad organizada por la Asociación de Profesores Técnicos y de Enseñanza Secundaria de Automoción de Galicia (APAGA), que tiene su sede en Ribadeo. Además APAGA creará una red europea de formación de aprendices y pondrá en marcha acciones en países de África, América Latina y Asia.
El presidente del colectivo, Álvaro Doural, explica que “APAGA es una de la 300 entidades con acreditación Erasmus hasta el año 2027 en el ámbito de la Formación Profesional en España. En este momento tiene activos tres proyectos de movilidad para alumnos de grado medio y FP Básica, formadores y técnicos de empresas. A finales del mes de agosto han terminado dos proyectos: de buenas prácticas sobre la formación de aprendices y de innovación sobre vehículos...
leer másArgadelo, as voltas da música ao teatro volveu hai uns días na Escola das Anzas. Este obradoiro, enmarcado no ciclo Cultura nas Parroquias, chegará esta tempada tamén a Vilaselán.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, lembrou que “Argadelo comezou a súa andaina o pasado mes de maio. Trátase dun proxecto do Concello de Ribadeo en colaboración co músico e actor focego Manolo Vázquez, Mano Panforreteiro”.
Otero Cabarcos dixo que “Argadelo non é só música, teatro ou acción. É un xeito de xuntar persoas de todas as idades arredor dunha idea común, comunitaria, de verse unha vez por semana e crear cultura tendo como espazo a aldea. Comezamos en maio nas Anzas, un lugar dos máis dinámicos de Ribadeo, onde logramos reunir a unha quincena de persoas arredor de Argadelo. Descansamos en agosto e volvemos con máis folgos o...
leer másA Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá un curso presencial sobre a sede eletrónica da Xunta. Será o 20 de setembro en horario de 18 a 20 horas.
Desde a Aula CeMIT explican que “hoxe en día cada vez son máis as persoas que se relacionan de xeito telemático coa administración, e o abanico de trámites que se fan a través das diferentes sedes electrónicas dos organismos non fai máis que medrar”.
E engaden que “a través deste curso, coñecerase o funcionamento interno dunha das sedes electrónicas máis utilizadas en Galicia. Aprenderán cómo facer instancias, trámites, achegar documentación e moitos máis conceptos que serán explicados dun xeito que todo o mundo o poida asimilar”.
As persoas interesadas en asistir poden reservar a súa praza no teléfono 982 120 732 ou no correo electrónico...
leer más