Ribadeo
La coartada, obra da prestixiosa autora estadounidense Christy Hall versionada e dirixida por Bernabé Rico, está de xira por toda España e este sábado, 12 de novembro, ás 20:00 horas representarase no auditorio municipal Hernán Naval, de Ribadeo. Os intérpretes son os recoñecidos actores María Castro, Dani Muriel e Miguel Hermoso.
As entradas xa están á venda na web de Game Over Productions (www.gameoverpro.es) e tamén poderán comprarse na taquilla do auditorio municipal ribadense desde unha hora antes da función. O prezo é de 17 euros (IVE incluído).
A galega María Castro comezou a súa carreira artística na emblemática serie da Televisión de Galicia Pratos combinados. Despois trasladouse a Madrid e participou en series tan exitosas como Sin tetas no hay paraiso, en Tele 5 (...
leer másLa galería ribadense Terra Branca incorpora a sus colecciones la obra de la artista laurentina Mila Portela.
José Ramón Leal, propietario de Terra Branca, explica que “Mila crea conjuntos de joyas de cristal, cuero y gemas. Su vocación, aunque tardía, viene dada por vivencias y experiencias con otros artistas. Ella misma nos contó que recuerda con especial cariño un curso de diseño de muebles que impartía el maestro ribadense Suso Peña. De él dice haber aprendido muchas cosas, entre ellas el gusto por el color”.
Leal cuenta que “su dedicación absoluta a estas tareas creativas la propició una enfermedad ya superada. Un tiempo de baja laboral en la administración, que supo aprovechar muy bien para formarse como artista. Las piezas de Mila encajan a la perfección en la filosofía de Terra Branca: color, originalidad,...
leer másDo 4 ao 6 de novembro terá lugar en Ribadeo a XIX Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, contou que “as tres representacións das que poderemos disfrutar serán ás oito da tarde no Teatro. E as entradas poderán mercarse ao prezo de 3 euros alí mesmo na billeteira”.
A edil ribadense explicou que “a décimo novena edición da Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón arrinca este venres, 4 de novembro, con Avelaíña Teatro, de Vigo, que porá en escena A Lola. Seguiremos o sábado, día 5, cun grupo de aquí ao lado. Lume Escénico, de A Pontenova, que representará Albergue Casa Amarelo. E xa o domingo desde Ferrol chegará Opaí Teatro con De marzo a marzo”.
Otero Cabarcos anima “ás persoas amantes do teatro a achegarse ata Ribadeo estes días para...
leer másA Casa do Viejo Pancho acollerá o vindeiro xoves, 3 de novembro, a presentación de O libro negro da lingua galega, do que é autor Carlos Callón.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, dixo que “o acto terá lugar na sala de presentacións a partir das 20:00 horas. Carlos Callón é doutor en filoloxía e presidente de honra da Mesa pola Normalización Lingüística”.
Otero Cabarcos explicou que “tamén haberá charlas de presentación de Carlos Callón o 4 de novembro en centros de ensino de Ribadeo. Ás10 da mañá será no salón de actos do Colexio Sagrado Corazón e ás 11.30 horas no salón de actos do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo”.
A edil ribadense engadiu que “esta actividade, enmarcada no ciclo #OConcelloCosColes, está organizada polo Concello de Ribadeo coa colaboración da Mesa pola...
leer másA Área de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo do Concello organiza o XIX Mercado de Nadal de Ribadeo, que terá lugar os días 7, 8, 9, 10 e 11 de decembro no parque de San Francisco. O prazo de inscrición para participar estará aberto ata o 11 de novembro.
Pablo Vizoso explicou que “o Mercado de Nadal de Ribadeo, que xa vai pola XIX edición é un espazo de oportunidades para os profesionais relacionados coa artesanía e co deseño, ademais dun escaparate para dar a coñecer o seu traballo e talento creativo e innovador, pola gran cantidade de xente que se achega a visitalo e que converte a Ribadeo en referente da zona nesas datas previas ás festas de Nadal”.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo indicou que “serán un total de 25 casetas as que se colocarán nas inmediacións do parque San...
leer másO Concello organiza o 5 de novembro un taller colectivo creativo de vimbio.
A concelleira Mónica Freire explicou que “este obradoiro será impartido pola artesá Idoia Cuesta na Casa do Viejo Pancho de 11 a 14 horas e de 16 a 20 horas. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse ata o día 3 chamando ao teléfono 982 128 650”.
A edil ribadense dixo que “para nós é unha inmensa sorte poder contar cunha artesá da categoría de Idoia Cuesta e que veña ata Ribadeo a ensinarnos algunhas das súas técnicas utilizadas nos traballos de fusión de cestería co téxtil e combina materiais orgánicos con diferentes técnicas artesanais. É unha artesá con renome internacional que ten feito colaboracións con firmas como Loewe, Zara ou Adolfo Domínguez”.
A praza de abastos acollerá o 5 de novembro as actividades organizadas pola Concellaría de Mocidade e a OMIX para celebrar o Samaín.
De 16:30 a 18:30 horas haberá diversas actividades interxeraciones como decoración de cabazas e elaboración de colares de zonchos. Ademais haberá un espazo de xogos tradicionais, cantos e ditos dirixidos pol@s participantes no programa As Parroquias en Marcha.
O concelleiro de Mocidade, David Rivas, explica que “os asistentes ao Samaín deberán traer as súas cabazas”. E engadiu: “o que queremos é que a rapazada e as persoas adultas das nosas parroquias intercambien experiencias e tradicións e que pasen unha tarde moi agradable”.
As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse á OMIX, situada na Casa da Xuventude na rúa Antonio Otero, 15, ou...
leer másA premiada bailarina, coreógrafa e actriz Sol Picó presenta o seu espectáculo Malditas Plumas en Ribadeo este sábado, 29 de outubro, ás 20:00 horas no auditorio municipal Hernán Naval. Será o estreo en Galicia dentro da xira por España que está facendo con esta montaxe, na que combina teatro e danza. Estreouse en Castellón en outubro de 2020 e por ela Sol Picó recibiu un premio da Crítica de las Artes Escénicas neste ano 2022.
As entradas xa están á venda na web de Game Over Productions (www.gameoverpro.es) e tamén poderán comprarse na taquilla do auditorio municipal ribadense desde unha hora antes da función. O prezo é de 17 euros (IVE incluído).
Os creadores do espectáculo explican que en Malditas Plumas “recorremos diferentes episodios de la vida de un personaje,...
leer más