Ribadeo
Catorce locais hostaleiros participan na quinta edición das xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo do 21 ao 23 de outubro. Están organizadas pola Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo.
A presidenta de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado, convida “a galegos e asturianos a que se acheguen esta fin de semana a Ribadeo a saborear as propostas que nos teñen preparadas os bares e restaurantes que se dan cita nestas quintas xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, coas que queremos render homenaxe á veciñanza asturiana, que durante as fins de semana de todo o ano se despraza a Ribadeo a gozar da súa oferta comercial e hostaleira”.
E engadiu que “o outono é un bo momento para vir a Ribadeo a pasar a fin de semana ou unhas horas degustando as tapas ou os menús elaborados para a ocasión...
leer másO Concello organiza unha charla informativa sobre como mellorar a factura da luz e do gas. Será o 28 de outubro ás 20:30 horas no Teatro. Será impartida por Emilio García, técnico de instalacións e profesional independente.
O alcalde, Fernando Suárez, sinalou que “a segunda cuestión de hoxe é axudar á cidadanía a entender a factura do gas e da luz que todos pagamos, e moitos de nós, empezando por quen está a falar, temos moitas dúbidas e moitas preguntas que non teñen fácil resposta. A cidadanía recibimos mensaxes dos mercados libres, mercados regulados, tarifas de último recurso. Chamamos a teléfonos de compañía que non nos collen, mandamos correos que non respondan, etc, etc”.
O rexedor contou que “para iso que organizamos unha charla informativa aberta sobre como mellorar a factura do gas e da luz. Queremos...
leer másO Teatro de Ribadeo acollerá este sábado, 22 de outubro, o concerto solidario a beneficio da Asociación Española contra o Cancro, que ofrecerá a Coral Polifónica ribadense.
A actuación dará comezo ás 20:30 horas. O prezo da entrada solidaria será de 5 euros.
Xa está todo listo para a celebración da quinta edición das xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, que terán lugar a vindeira fin de semana do 21 ao 23 de outubro. Están organizadas por Acisa e na cita participan 14 locais hostaleiros.
A presidenta de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado, indicou que “desde Acisa decidimos apostar polas xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, que se van celebrar do 21 ao 23 de outubro, como actividade dinamizadora da nosa hostalaría. Con elas queremos render así homenaxe á veciñanza asturiana, que todas as fins de semana do ano se achega ata Ribadeo a tomar os viños, os vermús, a comer, a cear, a pasear ou a mercar no comercio local. A súa presenza é moi importante para nós e por iso volven estas xornadas, que debido á pandemia do covid deixaron de celebrarse”.
O xerente da...
leer másSatisfacción no goberno municipal de Ribadeo pola boa acollida que están a ter as Panchas. Nos primeiros quince días de campaña xa se consumiron o 25% e foi xerado un impacto de negocio de máis de 50.000 euros, segundo os datos que hoxe deu a coñecer o concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso.
O edil ribadense declarou: “realmente desde o Concello de Ribadeo estamos moi satisfeitos pola tan boa acollida das Panchas na súa cuarta edición porque ao remate desta segunda semana xa podemos constatar como aproximadamente o 25% das Panchas están consumidas, xerando un impacto de negocio dun mínimo de 50.000 euros, aínda que realmente o volume de negocio que se consegue crear é superior a esa cifra. Foron efectuadas arredor de 500 operacións e un importe medio de 70 euros por cada compra realizada nos diferentes establecementos...
leer másA Asociación de Profesores de Automoción de Galicia retoma a súa actividade formativa en Ribadeo este sábado, 15 de outubro. Será cun curso sobre a diagnose con osciloscopio.
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, explica que “é un curso que nós deseñamos o ano pasado, a petición de técnicos de empresas. Está dedicado á utilización do osciloscopio como elemento de diagnose nos vehículos; é eminentemente práctico, con 8 horas de duración. Empezará ás dez da mañá e acabará ás oito da tarde e hai 10 prazas”.
Doural subliña que “con isto empezamos as actividades, que continuarán a finais de mes, concretamente o día 29, cando teremos outro curso, neste caso sobre pneumáticos, que tamén é práctico, de 8 horas de duración e temos un número reducido de prazas”.
Desde a Asociación de Profesores de...
leer másNa Aula CeMIT do Concello de Ribadeo impartiranse tres cursos presenciais durante este mes de outubro.
O 17 de outubro de 10:30 a 11:30 terá lugar un curso sobre o DNI electrónico. O 20 de outubro a Ciberseguridade e a protección na internet protagonizarán a xornada de 11 a 13 horas. E o 24 de outubro o curso versará sobre trámites online sen certificado dixital de 10:30 a 11:30 horas.
Estes cursos permitirán acadar conceptos relacionados cos trámites dixitais coas distintas administracións, e tamén aprender a como protexerte na internet e non caer nas trampas.
Os cursos son de balde e para tódolos públicos. As persoas interesadas en asistir poden reservar a súa praza enviando un correo electrónico a cemit.ribadeo@xunta.gal
... leer más
O Concello de Ribadeo, a través da Área de Desenvolvemento Local, colabora na posta en marcha do programa de dixitalización para mulleres Galegas Dixitais.
Está dirixido a mulleres desempregadas ou en situación de mellora de emprego, e ten por obxectivo mellorar as capacidades dixitais das mulleres residentes en zonas rurais, de cara a incrementar o seu nivel de empregabilidade e impulsar o emprendemento, así como reducir a fenda de xénero existente no acceso ao emprego e ás novas tecnoloxías.
O programa ofrece un itinerario formativo deseñado para ir avanzando dende o nivel máis básico ao máis elevado. Está formado polos seguintes bloques, de 40 horas cada un:
-Competencias dixitais básicas
-Competencias dixitais avanzadas
-Competencias dixitais para o emprendemento
A...
leer más