O Picato
A asociación cultural O Picato, de Trabada, organiza un taller de velas aromáticas do Nadal. Será o sábado 14 de decembro na Casa da Cultura de 17 a 20 horas.
Esta actividade inclúe: teoría e práctica, material e merenda. O prezo é de 50 euros para socios do colectivo organizador e 60 euros para persoas que non o son. As prazas son limitadas e para anotarse hai que contactar a través do teléfono 652.144.194.
O Picato explica: “aprenderemos a elaborar unha vela, con adornos de Nadal que poderás escoller xunto co aroma que prefiras poñerlle. Todo isto acompañarémolo con unha merenda e por suposto un bo anaquiño compartido con tod@s @s asistentes”.
O día 15 de novembro, venres, na Praza do Concello de Trabada desde as 21 horas celebrarase a festa tradicional desta época do ano, o magosto. Está organizado pola asociación cultural O Picato, que anuncia: “contaremos con carpa, mesas e sillas para uso durante a cea e música a cargo de El Puma”.
Haberá castañas gratis e venderán racións de callos, pastelón de bonito e lacón asado.
Os tickets para a comida estarán á venda no mesón Camiño Norte e no supermercado Spar Express Trabada.
A asociación cultural O Picato, de Trabada, organiza unha excursión ás localidades asturianas de Covadonga, Cangas de Onís e Cudillero para o 22 de setembro, domingo. O prazo de inscrición está aberto ata o 15 de setembro.
Os organizadores explican: “sairemos ás 8 da mañá da Praza do Concello de Trabada dirección a Covadonga (Asturias), con visita ó santuario. Logo poñeremos rumbo cara a Cangas de Onís, onde nos espera un xantar moi rico, e despois visitaremos dito pobo. Por último faremos unha ultima parada en Cudillero, un coñecido, bonito e pintoresco porto pesqueiro”.
A asociación cultural O Picato, de Trabada, organiza unha excursión ao Aquapark da localidade coruñesa de Cerceda para o día 24 de agosto, sábado.
A saída está programada para as oito da mañá desde a Praza do Concello de Trabada e a chegada de volta está prevista para as nove da noite.
Os menores de 18 anos deberán ir acompañados dun adulto. O prezo é de 20 euros para os socios e de 25 euros para as persoas que non pertencen ao colectivo organizador.
Para participar hai que anotarse previamente e o prazo remata o día 12 de agosto.
O Concello de Trabada presenta os detalles da primeira das rutas programadas coa colaboración da asociación de sendeirismo Trabada Paso a Paso. Este domingo, 23 de xuño, será a ruta da subida ó Picato, un percorrido de 8 quilómetros de dificultade baixa/media.
A saída será ás 10:00 horas desde a Praza do Concello e ó finalizar a ruta haberá comida para tódolos asistentes.
As prazas son limitadas e as inscricións poden facerse ata este mércores, 19 de xuño, no teléfono do Concello de Trabada 982.135.011.
“É a primeira das cinco rutas previstas durante os meses de xuño, xullo, setembro, outubro e novembro, unha actividade de deporte e natureza que é tan característica en Trabada”, asegura o alcalde, Rubén García.
A asociación cultural O Picato, de Trabada, organiza unha excursión á Ribeira Sacra para o 7 de xuño
A asociación cultura O Picato, de Trabada, organiza unha excursión á Ribeira Sacra para o día 7 de xuño, venres. Para participar hai que anotarse antes do 3 de xuño. O prezo para os socios do colectivo organizador é de 45 euros e as persoas que non o son deberán pagar 55 euros.
“Temos o pracer de anunciarvos a primeira excursión que realizaremos, nesta ocasión visitaremos a Ribeira Sacra. Sairemos da praza do Concello de Trabada en autobús ás 8 da mañá, faremos un percorrido completo en catamarán e tren, visitaremos unha bodega de viño e xantaremos nun restaurante da zona. A hora aproximada da volta será polas 9 da noite. Recordade que as prazas son limitadas”, explica a organización.
Para celebrar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Luísa Villalta (escritora, filóloga e violinista nada na Coruña), a asociación cultural O Picato, de Trabada, organiza un certame de carácter participativo e non competitivo polo que todas aquelas persoas que participen, que poden ser de calquera idade, levarán un agasallo.
Os traballos que se presenten deber ter como temática “As nosas letras” e poden ser en forma de debuxo, narración, poema ou fotografía. Só se poderá presentar un por persoa e o prazo rematará ás 13:00 horas do día 10 de maio. Hai que entregalos en sobre pechado no Spar Express de Trabada ou na Casa do Concello.
A entrega dos agasallos aos participantes será durante un acto que terá lugar na Casa da Cultura de Trabada o día 17 de maio ás 16:00 horas. Haberá un contantos musicado titulado “O misterio do tulipán”, a cargo de Yolanda Álvarez, e...
leer más