A asociación O Picato, de Trabada, organiza unha excursión a Covadonga, Cangas de Onís e Cudillero para o 22 de setembro

A asociación cultural O Picato, de Trabada, organiza unha excursión ás localidades asturianas de Covadonga, Cangas de Onís e Cudillero para o 22 de setembro, domingo. O prazo de inscrición está aberto ata o 15 de setembro.

Os organizadores explican: “sairemos ás 8 da mañá da Praza do Concello de Trabada dirección a Covadonga (Asturias), con visita ó santuario. Logo poñeremos rumbo cara a Cangas de Onís, onde nos espera un xantar moi rico, e despois visitaremos dito pobo. Por último faremos unha ultima parada en Cudillero, un coñecido, bonito e pintoresco porto pesqueiro”.