A asociación cultural O Picato, de Trabada, organiza unha excursión á Ribeira Sacra para o 7 de xuño

A asociación cultura O Picato, de Trabada, organiza unha excursión á Ribeira Sacra para o día 7 de xuño, venres. Para participar hai que anotarse antes do 3 de xuño. O prezo para os socios do colectivo organizador é de 45 euros e as persoas que non o son deberán pagar 55 euros.

“Temos o pracer de anunciarvos a primeira excursión que realizaremos, nesta ocasión visitaremos a Ribeira Sacra. Sairemos da praza do Concello de Trabada en autobús ás 8 da mañá, faremos un percorrido completo en catamarán e tren, visitaremos unha bodega de viño e xantaremos nun restaurante da zona. A hora aproximada da volta será polas 9 da noite. Recordade que as prazas son limitadas”, explica a organización.