Mercadiño
O Mercadiño no Nadal de Barreiros, que se celebrará este domingo, día 8 de decembro, de 11h a 20 horas inclúe numerosas actividades, como actuacións musicais, degustación, obradoiros e sorteos.
O Concello anuncia o programa de actividades: “ás 11:00 horas apertura dos postos coa actuación do grupo de gaitas da A.F. O Arco da Vella; ás 12:00 horas o grupo Condensadores de fluzo seguirá co fío musical do Mercadiño; de 12:00 a 14:30 horas contaremos cunha food truck da Federación de razas autóctonas de Galicia (Boaga), na que degustaremos distintas elaboracións realizadas con produtos de produtores locais (Faba de Lourenzá con Galiña de Mos, croqueta de cordeiro de raza Ovella Galega e hamburguesa de poldro de Pura Raza Galega); será de balde previa compra nalgún dos postos do mercadiño; ás 16:00 horas será o taller de coroas de Nadal...
leer másO domingo 8 de decembro daranse cita na Praza do Concello de Barreiros unha trintena de postos acompañados de diversas actividades relacionadas co Nadal, nos que a veciñanza e visitantes poderán gozar dunha xornada festiva de 11 a 20 horas.
O evento contará con carpa e realizaranse diversas degustacións ao longo do día.
Estará organizado pola Concellería de Dinamización e Participación Veciñal do Concello de Barreiros contando co financiamento da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O Concello de Trabada, coa colaboración do Motoclube A Cadeira e a asociación cultural O Picato, organiza o sábado 21 de decembro un Mercadiño de Nadal con actuacións musicais e actividades para os nenos e nenas. “Queremos que o deste ano sexa un mercadiño especial, un lugar de encontro da veciñanza e os que nos visitan para dar comezo ao Nadal”, asegura o alcalde de Trabada, Rubén García, que presentou o cartel coa tenente de alcalde, Julia María Barcia, e representantes do Motoclube A Cadeira e a asociación O Picato.
O mercado, que será de 12:00 a 20:00 horas na praza do Concello, terá produtos locais e artesanais de proximidade, a actuación da Coral Entre Ríos, Papanoelada moteira con chocolate e biscoito gratis e a visita de Papá Noel e o Apalpador. Ademais os nenos e nenas terán inchables gratis durante toda a xornada e pintacaras. O...
leer másO concello de Barreiros foi escenario da presentación conxunta dos produtos que veciñanza e visitantes poderán degustar o vindeiro domingo no marco do Mercadiño de Outono que se celebrará na Praza do Concello.
A alcaldesa, Ana Ermida, quixo destacar a importancia de utilizar as administracións como palancas para impulsar e apoiar iniciativas de calidade e proximidade. “Con esa intención naceron no seu momento os mercadiños organizados por este Concello, desde a área de Dinamización, e nese obxectivo de poñer en valor a produción e o traballo das nosas veciñas e veciños, seguimos traendo produtos de calidade e proximidade en cada mercado.”
“Queremos amosarlle ao mundo o potencial da nosa terra e apostamos por ofrecer un escaparate aos produtos de proximidade. Ademais, nesta ocasión, teremos a oportunidade de...
leer másO domingo día 13 de outubro terá lugar unha nova edición dos mercadiños estacionais que organiza o Concello de Barreiros e que “volverá encher a Praza do Concello de postos e actividades nos que a veciñanza poderá disfrutar dunha xornada festiva de compras nos distintos postos de artesanía e alimentación. Tamén volveremos desfrutar das saborosas degustacións de produtos de porco celta, coas mini hamburguesas que tan bo éxito tiveron no anterior mercadiño de primavera e tamén, como novidade neste mercadiño, poderemos degustar croquetas e empanadillas que se elaboran desde fai pouco tempo en Barreiros e que se poderá acompañar doutro produto feito neste concello, a cervexa artesá Augas Santas fabricada en San Xusto”, anuncia o Concello.
Haberá actividades para todos os públicos, música en directo, as xa habituais actividades da tarde para...
leer másO Concello de Barreiros celebra una nova edición dos seus mercadiños estacionais. Será na Praza do Concello e o horario de apertura será de 11 da mañá a 8 da tarde.
Neste caso o Mercadiño na Primavera achegará ata a Praza do Concello produtos de calidade e proximidade en máis de 30 postos que encherán a praza de vida acompañados de actividades durante todo o día. Aos postos, que van desde alimentación a artesanía ou ornamentación, acompañaranos diferentes actividades e actuacións en directo durante a xornada.
O horario previsto para as mesmas é o seguinte:
Ás 12:30 horas actuación do grupo Os Mustélidos, que interpreta versións de temas coñecidos. Á mesma hora comezarán degustacións, de balde ata rematar existencia, tanto de minihamburguesas de Porco Celta, a cargo das ganderías Celtagal...
leer másO Concello de Burela colabora na organización dun mercadiño en beneficio do festival Osa do Mar impulsado polo colectivo Fanto Fantini, entidade organizadora do propio evento.
O mercadiño terá lugar este domingo, día 7 de abril, de 11:00 a 19:00 na praza da Mariña, ou na praza de Abastos se chove. As persoas interesadas en participar cun posto todavía están a tempo de inscribirse, podendo contactar coa organización con tal motivo no correo fantofantinicomunicacion@gmail.com
O 25% do recadado ao longo da xornada será destinado a financiar o Osa do Mar, un festival de música sen animo de lucro que se celebra cada ano en Burela. Este ano, o evento terá lugar os días 6, 7 e 8 de setembro.
Xa está confirmado que esta nova edición do...
leer másEsta fin de semana, sábado 18 e domingo 19 de novembro, celebrarase en Ribadeo o primeiro Mercadiño de Troco, iniciativa conxunta de Con Sentidiño e O Ferrado Marelo. Será no centro de ocio infantil Con Sentidiño, que está na rúa Ramón González número 24, de 11 a 14 horas os dos días.
As organizadoras explican que “todas as persoas usamos moitas cousas e roupa. Mercamos moito máis do que precisamos. Xeramos unha chea de residuos téxtiles, electrónicos e plásticos que acabarán esquecidos nun contedor. Temos a responsabilidade compartida de mudar ese modelo lineal de consumo nun modelo de consumo circular. Busquemos formas para darlle unha segunda vida ao que nós xa non precisamos. O I Mercadiño de Troco pretende fomentar a cultura participativa e de intercambio dentro dun ambiente de convivencia e solidariedade como alternativa ao conceptos...
leer másTrátase do segundo mercadiño estacional que lle da continuidade ao Mercadiño no Nadal celebrado o pasado 11 de decembro.
será na Praza do Concello. O horario de apertura será de 11 da mañá a 8 da tarde.
Desde a organización indican que “neste mercadiño poderás atopar produtos de calidade e proximidade en máis de 20 postos que encherán a praza de vida. Durante estas semanas iremos contándovos quen nos vai acompañar nesta ocasión”.
E engaden que “para comezar, deixamos a info sobre as actuacións, financiadas con fondos propios e pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que amenizarán este evento: ás 12:00 actuación do grupo folclórico local O Arco da Vella, ás 13:00 actuación de The Lioness Treasure Band (versións), degustación de cerveza artesá Augas Santas Brew e ás 18:00 horas...
leer másO 11 de decembro celebrarase en Barreiros o Mercadiño de Nadal. Será na praza do Concello (en caso de mal tempo, trasladarase ao pavillón)
O horario de apertura será de 11 da mañá a 8 da tarde.
Dámoslle así a benvida a este tempo de alegría, familia e consumo. Haberá produtos de calidade e de proximidade. Tamén haberá actuacións musicais con Condensadores de Fluzo ás 12:30 horas e con Vida tola de Pajarito ás seis da tarde para o público infantil. Ambas son financiadas pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.