O Mercadiño no Nadal de Barreiros, que se celebra o 8 de decembro, terá unha trintena de postos

O domingo 8 de decembro daranse cita na Praza do Concello de Barreiros unha trintena de postos acompañados de diversas actividades relacionadas co Nadal, nos que a veciñanza e visitantes poderán gozar dunha xornada festiva de 11 a 20 horas.

O evento contará con carpa e realizaranse diversas degustacións ao longo do día.

Estará organizado pola Concellería de Dinamización e Participación Veciñal do Concello de Barreiros contando co financiamento da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.