Esta fin de semana, sábado 18 e domingo 19 de novembro, celebrarase en Ribadeo o primeiro Mercadiño de Troco, iniciativa conxunta de Con Sentidiño e O Ferrado Marelo. Será no centro de ocio infantil Con Sentidiño, que está na rúa Ramón González número 24, de 11 a 14 horas os dos días.
As organizadoras explican que “todas as persoas usamos moitas cousas e roupa. Mercamos moito máis do que precisamos. Xeramos unha chea de residuos téxtiles, electrónicos e plásticos que acabarán esquecidos nun contedor. Temos a responsabilidade compartida de mudar ese modelo lineal de consumo nun modelo de consumo circular. Busquemos formas para darlle unha segunda vida ao que nós xa non precisamos. O I Mercadiño de Troco pretende fomentar a cultura participativa e de intercambio dentro dun ambiente de convivencia e solidariedade como alternativa ao conceptos de compra e venta que nos atormentan. Neste I Mercadiño de Troco tés a oportunidade de intercambiar o que ti xa non usas, non che serve ou deixou de gustarche por algo que precisas, que queres renovar ou incluso regalar. Deste xeito conseguiremos de forma conxunta tres obxectivos principais: educar no consumo responsable; evitar a sobreexplotación dos recursos naturais e humanos para protexer ao planeta e ás persoas; e reducir os residuos alongando a vida útil dos produtos”.