Certames
A Concellería de Cultura de Burela organiza o I Certame Galego de Vídeoclips Musicais no que poderán participar as escolas de música, conservatorios e centros de ensino musical. No certame, que se denomina Music@rte, concederanse catro premios, cuxa contía se está a perfilar neste momento ao igual que as bases. O prazo de presentación de traballos rematará a mediados de xuño e cada centro poderá enviar un máximo de cinco, dunha duración entre un e cinco minutos. Music@rte será presentado dentro duns días no Concello.
O edil de Cultura, José Díaz, anunciou que “desde el Concello de Burela queremos presentar una iniciativa que vamos a desarrollar en este año 2021, que surge de todo esto que está pasando y que tanto está afectando a todos los sectores, también a los de educación y...
leer másA Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, de Alfoz, convoca os Certames On Line de Relatos Curtos e Debuxo Letras Galegas 2020. O prazo de presentación de traballo remata o 10 de maio.
Establécense nos dous casos tres categorías: ata 2º curso de primaria; de 3º a 6º de primaria; e secundaria.
A temática do relato será libre e poderá ter como máximo unha extensión de 10 páxinas. Letras Galegas e Galicia é a temática elixida para o concurso de debuxo. Os traballos deben ser remitidos a asociación.ocastelo@gmail.com No correo electrónico débese indicar o nome e apelidos do autos, o curso, o centro no que cursa os seus estudos e o teléfono de contacto. Tamén debe figurar o nome do pai/nai/representante e o número do seu DNI.
Poderanse presentar...
leer másContinúan abertos os prazos para participar no concurso para elixir o cartel anunciador da XXX Festa da Faba e no certame Arte con fabas.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, lembra hoxe, mércores, que “segue aberto o prazo para participar no concurso para elixir o Cartel anunciador da XXX Festa da Faba de Lourenzá. Poden participar todas aquelas persoas maiores de idade que o desexen e o prazo remata o 30 de xuño. O premio que recibirá o cartel gañador será de 350 euros e un trofeo conmemorativo da edición da festa deste ano. As bases aparecen recollidas tanto na páxina web como no facebook do Concello de Lourenzá”.
Arango recorda tamén que “o concurso Arte con fabas, convocado pola ACIAL coa colaboración do Concello tamén está aberto, ata que remate o estado de alarma e se dea a coñecer o prazo para...
leer másO Concello de Lourenzá convoca dous concursos co gallo da celebración da Festa do Maio, que terá lugar o vindeiro día 1, mércores. Nun dos certames premiaranse as fiestras, balcóns, portais ou escaparates mellor decorados das rúas polas que pasa o percorrido tradicional do Maio. O outro concurso agasallará aos sombreiros mellor adornados que acompañen ao Maio no desfile, que sairá do mercado gandeiro ás 16:30 horas.
O concelleiro Manuel Arango anuncia que “o Concello de Lourenzá, a través da área de Cultura, convoca dous concursos co gallo da celebración da Festa do Maio do próximo mércores día 1”.
O edil explica que “o primeiro concurso consiste en premiar as fiestras, balcóns, portais ou escaparates comerciais mellor decorados daqueles edificios por onde o Maio ten o seu percorrido tradicional. Haberá dous...
leer másA Biblioteca Pública Municipal convoca os Certames de Poesía e Debuxo Nadal 2017.
No Certame de Poesía poden participar nen@s e moz@s ata 16 anos. O tema xenérico é o Nadal e a recepción de traballos remata o 22 de decembro na Biblioteca ou nos colexios barreirense. Esta cita está organizada en colaboración coa Biblioteca Pública de Lugo.
O Certame de Debuxo está dirixido a nenos e nenas de 3 a 5 anos. Os traballos, que versarán sobre o Nadal, presentaranse en cartolina tamaño A4 ata o 22 de decembro na Biblioteca ou nos colexios.
A Biblioteca Pública Municipal de Burela convoca os Certames de Nadal para escolares nas modalidades de Poesía Infantil e Postais. O prazo para a presentación dos traballos rematará o 15 de decembro no caso do concurso de Postais de Nadal, e o 23 de decembro no do certame de Poesía Infantil Nadal 2017.
No certame de Poesía Infantil Nadal 2017 poderán participar escolares ata 16 anos establecéndose tres categorías:
-A ata os 8 anos.
-B de 9 a 11 anos.
-C de 12 a 16 anos.
Cada escolar poderá presentar cantos traballos desexe. Os poemas estarán escritos en galego e a súa extensión será como máximo dun folio por unha soa cara.
O prazo de presentación dos poemas remata o día 23 de decembro e deberán ser entregados na Biblioteca Municipal de Burela. O fallo do...
leer más
O Concello de Lourenzá presentou hoxe as bases para participar nos dous concursos infantís de Nadal que mantén abertos. Os nenos e rapaces do municipio poderán participar tanto no Concurso de Postais de Nadal, que se celebra por primeira vez no municipio, coma no xa tradicional Certame de Poesía. Nos dous casos, os traballos deberán ser entregados na Biblioteca Pública e sometidos ó veredicto dun xurado formado por técnicos da área de Cultura do Concello. O prazo para entregar os poemas de Nadal remata o día 22 de decembro, mentres que a data elixida para presentar as postais será o vindeiro mércores 10 de decembro. Haberá tres gañadores para o concurso de poesía e un para o de postais.
...
leer más