A asociación de veciños Burgo de Trasbar, de Cervo, organiza o II Certame Literario para celebrar o Día das Letras Galegas. A temática será "Un día na aldea".

A asociación de veciños Burgo de Trasbar, de Cervo, organiza o II Certame Literario para celebrar o Día das Letras Galegas. A temática será "Un día na aldea".
 
A Asociación de veciños do Burgo de Trasbar organiza o II Certame literario con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, co tema “Un día na aldea”. 
As narracións deberán estar escritas en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara. Establécense tres categorías: infantil (ata 12 anos), xuvenil (de 13 a 18 anos) e adulto (maiores de 18 anos). Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, acompañando cada un deles cun sobre pechado onde figuren os seus datos persoais (nome, dirección data de nacemento e un teléfono de contacto). 
O prazo de presentación dos traballos rematará o venres, día 08 de maio, debendo ser remitidos á seguinte dirección: Asociación de veciños do burgo de Trasbar, Local Social, Corral Grande, s/n, 27888 Trasbar, Cervo.  
O xurado, presidido por Francisco Piñeiro (O Bordelo) seleccionará un traballo gañador por cada categoría. O fallo do xurado farase público o 17 de maio, durante o acto de entrega de premios (valorado en 100 € cada un) que terá lugar no local social de Trasbar. 
Desde a Asociación de veciños do burgo de Trasbar animamos á xente a que escriba e nos remita os seus traballos.