A Biblioteca Municipal de Burela convoca o Certame de Postais de Nadal. O prazo de admisión de traballos remata o 11 de decembro.

A Biblioteca Municipal de Burela convoca o Certame de Postais de Nadal. O prazo de admisión de traballos remata o 11 de decembro.
 
A Biblioteca Pública Municipal de Burela, un ano máis, convoca o Certame de Postais de Nadal. Nel poderán participar todos os nenos e nenas en idade escolar do Concello. O tema será O Nadal, e a técnica para facer as postais será libre, utilizando a cartolina como soporte. 
Establécense dos premios por categoría, contarase coas seguintes:
-Educación Infantil: 0-3 anos e de 4 a 5 anos.
-1º e 2º de Primaria.
-3º e 4º de Primaria.
-5º e 6º de Primaria.
Os traballos entregaranse na Biblioteca Municipal de Burela acompañados dos datos persoais do autor/a. A data de recepción rematará o vindeiro 11 de decembro ás 20:00 horas.
Todos os traballos presentados ao Certame serán expostos na Sala de Arte da Casa da Cultura desde o 28 de decembro ata o 22 de xaneiro do 2016. O horario de visita será de 9 a 13 horas e de 17 a 20 horas de luns a venres.
Os interesados en participar poden retirar as bases e a ficha de inscrición na propia Biblioteca Municipal.