Obradoiros
A vindeira fin de semana rematarán os Obradoiros e os Plans con Corazón da Mancomunidade de Concellos da Mariña con diferentes propostas que se desenvolverán en Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Viveiro e Riotorto.
O sábado, 9 de novembro, haberá un Obradoiro de Kintsugi con Artesanía do Pasatempo, en Mondoñedo. Será de 11.00 a 13.00 horas para público adulto. Trátase dunha experiencia baseada na técnica ancestral xaponesa de reparación de obxectos cerámicos con ouro, onde se resaltan as cicatrices como as experiencias de vida do obxecto. As persoas participantes familiarizaranse co proceso de reparación mediante dita técnica sendo agasallados co obxecto reparado.
E o domingo, día 10, desenvolverase un Obradoiro de Rakú con Esquina Atlántica, en Mondoñedo, que terá lugar de 11.00 a 13.00 horas para público adulto...
leer másViveiro, O Valadouro, Mondoñedo, Ribadeo e Lourenzá serán as seguintes paradas do 31 de outubro ao 3 de novembro dos programas da Mancomunidade da Mariña: Plans e Obradoiros con Corazón.
Plans con Corazón
Na ponte festiva as rutas e visitas guiadas de Plans con corazón arrincarán o venres, día 1, co Penido, megalitismo e outras curiosidades dos altos do Valadouro da man de Boris Vilar. Os participantes terán a oportunidade de descubrir a sorprendente natureza da Serra do Xistral.
A deus rogando, co mazo dando é a ruta que o 2 de novembro discorrerá por Mondoñedo guiada por Noela Feal. Os asistentes coñecerán a historia da cidade episcopal, visitarán o barrio dos Muíños e achegaranse ao taller artesanal de Toni Arenas.
O mesmo sábado por Ribadeo terá lugar a ruta Da horta ao mar, vila comercial dan man de Carmen Delia (...
O próximo 31 de outubro arrinca unha nova iniciativa da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense: Obradoiros con corazón, destinada a xerar un novo programa de posta en valor da actividade artesanal no destino e atraer un turismo desestacionalizado, mediante a creación de experiencias inmersivas que acheguen ás persoas visitantes e á poboación local á rica tradición artesanal da comarca.
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, explicou que “este novidoso programa levarase a cabo os días 31 de outubro, 2, 3, 9 e 10 de novembro de 2024 como unha primeira experiencia piloto, no marco dos convenios de colaboración da Mancomunidade coa Axencia Turismo de Galicia e coaa Deputación Provincial de Lugo, para o impulso e a promoción do xeodestino e a posta en valor da artesanía coma un recurso único e diferencial”.
...
leer másA Concellería de Servizos Sociais do Concello de Xove organiza para os vindeiros días 8 e 10 de outubro, martes e xoves, os obradoiros “Sexualidade na adolescencia”e “Alimentación na infancia”, que serán impartidos por Noelia Goás Gómez, matrona no Centro de Saúde de Vilalba.
Terán lugar na aula de formación do Concello de Xove, de maneira gratuíta e, do seguinte modo: “Sexualidade na adolescencia”, dirixido a pais/nais e/o persoas coidadoras, os días 8 e 10 de outubro en horario de 18:30 a 21:00 horas; e “Alimentación na infancia”, que se repartirá en dúas partes; a primeira é Alimentación no 1º ano de vida (lactancia materna, lactancia artificial e primeiros alimentos) e desenvolverase o 8 de outubro de 16:00 a 18:30 horas; e a segunda é Alimentación a partir do 1º ano de vida e realizarase o 10 de outubro de 16:00 a 18:30 horas.
... leer másO Concello de Xove ofrece obradoiros para persoas maiores no programa de outono inverno, que organizan as delegacións de Xuventude e Deporte, Servizos Sociais e Igualdade e a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).
Dende o día 1 de outubro ata maio de 2025 desenvolverase obradoiros de bordado, bolillos e ioga. Tamén haberá cursos de informática para maiores do 4 de novembro ao 9 de decembro e outras actividades como ximnasia na auga, ximnasia de mantemento, aerobic & full body, pilates e escola de maiores.
O prazo de inscrición ábrese este mércores 18 e remata o día 26 na OMIX.
Os días 2 e 3 de setembro, luns e martes, haberá na Aula Cemit de Barreiros obradoiros de formación tecnolóxica dirixidos á rapazada de entre 12 e 18 anos de idade.
“Queres modelar e imprimir en 3D? Queres aprender a construír e programar un robot? Queres participar nun reto científico-tecnolóxico?
Pois tés todo iso e moito máis ao alcance da túa man nesta nova actividade do Programa Tech Kids que se desenvolverá na Aula Cemit de Barreiros os vindeiros 2 e 3 de setembro entre as 10 e as 14 horas”, anuncia o Concello de Barreiros, que engade: “podes coñecer máis polo miúdo de que vai todo isto entrando en argallando.gal. E ademais durante o transcurso do programa poderás gañar interesantes premios!”.
A asistencia é de balde previa inscrición.
O Centro de Educación Medioambiental Gaia do Concello de Burela organiza os talleres Manualidades e Xogos con Gaia os días 25, 26 e 27 deste mes.
Serán na praza da Mariña de 11:00 a 13:00, e a participación será gratuíta. En caso de choiva moveranse á praza de Abastos.
A concelleira de Cultura Medioambiental e Ecolóxica e responsable do centro Gaia, Lina Gómez Pardo, anima "a todos os nenos e nenas de Burela a participar nestes talleres para aprender de xeito divertido sobre o coidado do medio ambiente".
As áreas de Mocidade e Educación do Concello de Burela impulsan uns Obradoiros de Regueifa nos centros educativos do municipio, dirixidos tanto a alumnado de primaria como de secundaria.
A actividade xa tivo lugar no IES Monte Castelo e no CEIP Virxe do Carme, onde se repetirá os días 21 de marzo e 11 de abril respectivamente. Tamén se achegará a iniciativa ó IES Perdouro e ó CEIP Vista Alegre.
Os rapaces e as rapazas xa estiveron traballando nesta forma de expresión e improvisación cos seus mestres, para logo aprender en profundidade con Cristian Gómez da Asociación Erre que Erre.
“É unha actividade que cremos moi positiva para a mocidade, posto que os rapaces aprenden sobre a nosa cultura, practican o noso idioma, melloran o seu léxico, desenvolven a creatividade, a improvisación, a...
leer másO Concello da Pontenova anuncia que está aberto o prazo para inscribirse nos Obradoiros de Dixitalización do INECO, que se desenvolverán do 19 ao 28 de febreiro na Casa da Cultura, e explica que os participantes aprenderán “a traballar coa banca dixital e compra online: bizum, declaración da renda, modos de pago; a manexarse coas diferentes plataformas de saúde pública: citas médicas, informes médicos; a conseguir/renovar o certificado dixital; entre outras cousas”.
As persoas interesadas en participar poden chamar ao teléfono do Concello da Pontenova, que é o 982.34.22.77.
O Concello de Cervo organiza obradoiros infantís (para nenos e nenas de 6 a 12 anos de idade) os días 14, 16 e 19 de febreiro na Casa da Cultura de 17:00 a 18:30 horas.
O mércores 14 o obradoiro estará dedicado a manualidades de San Valentín, o venres 16 será sobre papiroflexia e o luns 19 o tema son os xogos populares.
As inscricións poden facerse na Casa da Cultura ou a través do teléfono 982.59.51.57.
- 1
- 2
- 3
- 4
- siguiente ›
- última »