Obradoiros
As áreas de Mocidade e Educación do Concello de Burela impulsan uns Obradoiros de Regueifa nos centros educativos do municipio, dirixidos tanto a alumnado de primaria como de secundaria.
A actividade xa tivo lugar no IES Monte Castelo e no CEIP Virxe do Carme, onde se repetirá os días 21 de marzo e 11 de abril respectivamente. Tamén se achegará a iniciativa ó IES Perdouro e ó CEIP Vista Alegre.
Os rapaces e as rapazas xa estiveron traballando nesta forma de expresión e improvisación cos seus mestres, para logo aprender en profundidade con Cristian Gómez da Asociación Erre que Erre.
“É unha actividade que cremos moi positiva para a mocidade, posto que os rapaces aprenden sobre a nosa cultura, practican o noso idioma, melloran o seu léxico, desenvolven a creatividade, a improvisación, a...
leer másO Concello da Pontenova anuncia que está aberto o prazo para inscribirse nos Obradoiros de Dixitalización do INECO, que se desenvolverán do 19 ao 28 de febreiro na Casa da Cultura, e explica que os participantes aprenderán “a traballar coa banca dixital e compra online: bizum, declaración da renda, modos de pago; a manexarse coas diferentes plataformas de saúde pública: citas médicas, informes médicos; a conseguir/renovar o certificado dixital; entre outras cousas”.
As persoas interesadas en participar poden chamar ao teléfono do Concello da Pontenova, que é o 982.34.22.77.
O Concello de Cervo organiza obradoiros infantís (para nenos e nenas de 6 a 12 anos de idade) os días 14, 16 e 19 de febreiro na Casa da Cultura de 17:00 a 18:30 horas.
O mércores 14 o obradoiro estará dedicado a manualidades de San Valentín, o venres 16 será sobre papiroflexia e o luns 19 o tema son os xogos populares.
As inscricións poden facerse na Casa da Cultura ou a través do teléfono 982.59.51.57.
O Concello de Cervo arrinca cos obradoiros infantís que xirarán sobre a temática do Entroido os días 5, 7 e 9 de febreiro -luns, mércores e venres- de 17:00 a 18:30 horas. Están dirixidos ás crianzas de entre 6 e 12 anos.
O luns 5 desenvolverase un obradoiro de máscaras Picasso, o do mércores 7 será de máscaras de cigarrón e o do venres 9 estará dedicado á creación dun photocall de Entroido.
Para participar inscriben na Casa da Cultura (teléfono 982.59.51.57).
O Concello de Viveiro pon en marcha coa colaboración de Eureka os Obradoiros de Nadal para nenos e nenas de 3 a 12 anos.
En total son sete os obradoiros de balde que se ofrecen dende o martes 26 de decembro ata o xoves 4 de xaneiro, en horario de 10:00 a 14:00 horas no pavillón do colexio Lois Tobío.
“Estes obradoiros están enfocados ao Nadal co desexo de que os nenos e nenas se divirtan e teñan tempo de lecer nestas datas tan especiais para todos”, subliña Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura.
As temáticas dos obradoiros van dende a realización de adornos de Nadal; experimentos; bromas; unha ginkana; dulceiros; música, e moitos xogos.
As inscricións realizaranse mediante formulario online que se pode solicitar no número de whatsapp 654 20 83...
leer másA Casa da Xuventude do Concello de Burela albergará desde este venres, 20 de outubro, o ciclo de obradoiros ‘Ciencia á feira’, que teñen como obxectivo achegar temas de interese científico á sociedade.
Os obradoiros que se van a desenvolver no ciclo serán os de ‘Enfermidades transmitidas por carrachas’ entre outubro e decembro, ‘Xestión sustentable da auga’ entre xaneiro e marzo, e ‘Propagación vexetal e as súas implicacións’ entre abril e xuño.
A primeira sesión, como parte do obradoiro de ‘Enfermidades transmitidas por carrachas’, terá lugar ás 12:00 horas do venres 20 de outubro. Cada sesión comporase dunha charla de 30 minutos e dun obradoiro de hora e media de duración.
As actividades realizaranse coincidindo coa feira municipal, que ten lugar os venres, e instalarase un posto no mercado de Burela, onde se...
O Concello de Ribadeo e a Anpa Esteo organizan obradoiros de voleibol destinados á mocidade nos meses de abril e maio. A actividade enmárcase no programa o Concello cos Coles.
Neste proxecto colaboran o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo e a empresa de tempo libre Anacos de Lecer.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, dixo: “consideramos que o deporte contribúe á educación integral da mocidade, ao desenvolvemento harmónico da súa personalidade, á formación en valores e á adquisición de hábitos saudables”.
A edil ribadense sinalou que “como obxectivo ademais de adquirir destreza e coñecemento na práctica desta disciplina deportiva, o que se persegue é fomentar en todo momento a participación por riba do resultado e a concepción igualitaria”.
As datas de...
leer másO Concello de Ribadeo organiza uns obradoiros tecnolóxicos baixo o título Steam, derrubando estereotipos. Impartiranse na Aula CeMIT de 10:30 a 13:30 horas. Serán os días 23 e 24 de agosto para a rapazada de 8 a 11 anos.
Neles aprenderán a programar de xeito moi sinxelo e creativo. Verán conceptos sobre intelixencia artificial, robótica e deseñarán tamén circuítos en papel, todo baixo unha metodoloxía activa e un aprendizaxe práctico con profesionais do sector.
Desde o Concello apuntan que “é unha boa maneira de introducir á rapazada, desde moi cativos, na outra cara da tecnoloxía”.
A inscrición é gratuíta para todos e todas e as prazas son limitadas. O prazo de inscricións atópase aberto e pódense apuntar no teléfono 982120732 ou no correo electrónico cemit.ribadeo...
leer másO Concello de Viveiro presenta o seu programa de obradoiros gratuítos para a Semana Santa, dirixidos á infancia entre 4 e 12 anos. En total, realizaranse tres talleres, co obxectivo de ofrecer unha proposta de lecer durante as vacacións escolares e facilitar a conciliación familiar.
O primeiro obradoiro será o luns 11 de abril sobre papiroflexia, xogos e baile. O martes, 12 de abril, os cativos e cativas gozarán de malabares, xogos e happy ioga. Por último, o mércores, 13 de abril, os participantes terán unha ginkana, xogos e retos de lóxica.
Nas tres xornadas o horario será de 10:30 a 13:30. Para participar nas actividades, cómpre realizar a inscrición por WhatsApp no teléfono 654208333.