Ribadeo

11/08/2015
A X Concentración de Kaiaks de Mar Praia das Catedrais percorrerá o litoral entre as rías de Foz e Ribadeo. O evento será os días 15 e 16 de agosto.
 
Os días 15 e 16 de agosto terá lugar a X Concentración de Kaiaks de Mar Praia das Catedrais, que organiza o clube de piragüismo Altruán coa colaboración do Concello. O evento foi presentado esta tarde polo concelleiro de Deportes, David Rivas, e polo secretario de Altruán, José Angel Fernández.
Desde o clube de piragüismo sinalan que “se trata dunha convocatoria especialmente tecnificada, para un sector de deportistas con práctica e xa con experiencia na navegación oceánica”. José Angel Fernández subliñou que “a nosa travesía desde as súas últimas edicións está a destacar coma un referente nacional na disciplina e no máis concreto, que é o kaiak de mar. Segundo os foros o ano pasado só nos superaron a concentración catalá, de Pagaya, e este ano estamos detrás da ruta dos...
leer más
11/08/2015
O 14 de agosto terá lugar en Ribadeo unha nova edición da carreira lúdico deportiva "O Rei do adoquín", que neste 2015 terá tamén carácter solidario.
 
Xa está aquí unha nova edición da carreira lúdico deportiva O Rei do adoquín, que organizan Hola Ola e R Fusión coa colaboración de Acisa e do Concello de Ribadeo. O evento terá lugar este venres, 14 de agosto, a partir das dez da noite.
A saída efectuarase desde o Bar Marinero e a meta estará situada na Casa do Concello. Haberá premios ao primeiro/a en chegar, ao primeiro/a en bicicleta, ao primeiro/a con disfraz, ao primeiro/a con cartivo e ao primeiro/a con can. Haberá unha zona de avituallamento no restaurante Tmos. 
As persoas interesadas en participar poden inscribirse a partir das nove da noite na saída. Deberán paga un euro. A directiva de Acisa explica que “os cartos recadados serán doados ao refuxio canino de Ribadeo, que...
leer más
Etiquetas:
07/08/2015
Concerto solidario o vindeiro 11 de agosto no Cine Teatro de Ribadeo a favor dos nenos de Uganda.
 
O martes, 11 de agosto, ás 20:30 horas o grupo coral Aba Taano ofrecerá un concerto benéfico no Cine Teatro co obxecto de recoller fondos para a ONG Música para salvar vidas. A devandita ONG desenvolve o seu labor en Uganda, ás aforas da súa capital, Kampala, para dar unha boa educación a nenos e nenas orfos.
“O grupo musical Aba Taano combina o uso das linguas autóctonas do centro de África coa interpretación do gospel tradicional dos EE.UU. Aba Taano, os cinco na lingua de Uganda, cantan en swahili, luganda, zulu, lutor, acholi e rynancore, entre outras linguas. Teñen realizado máis de 300 concertos polo mundo adiante, por Holanda, Alemaña, Hungría ou Chequia, de entre os cales destacaremos os feitos no Palau de la Música de Barcelona, no Teatro Arriaga de Bilbao e no...
leer más
Etiquetas:
06/08/2015
Ata o 19 de agosto pódese visitar no forte de San Damián, en Ribadeo, Mariñarte 2015. A mostra conta con traballos de catorce creadores.
 
Obras de catorce artistas plásticos da zona, moitos deles ribadenses e outros vinculados a outros lugares da Mariña, están expostas no forte de San Damián ata o día 19 deste mes. Estas creacións forman parte da mostra Mariñarte 2015, que foi inaugurada hoxe polo concelleiro de Cultura ribadense, Farruco Graña Rama.
“Pasiño a pasiño, tarde a tarde, mañá a mañá, ao final acaba pasando por aquí  moita xente; a anterior exposición que tivemos foi visitada por unhas 1.400 persoas. É atractivo o lugar para facer unha exposición, é atractivo o entorno para dar un paseo e aproveitar que está o forte de San Damián aberto para ver unha exposición que, neste caso, ademais é moi gratificante porque podemos contemplar a obra que se está formando, que está saíndo adiante e que están...
leer más
Etiquetas:
05/08/2015
Este venres, 7 de agosto, preséntase en Ribadeo o libro "Louselas (Ribadeo.Lugo). Los inicios del poblamiento humano en la región cantábrica.
 
A Casa das Letras de Ribadeo acolle o próximo venres, 7 de agosto, ás 20:30 horas  a presentación do libro Louselas (Ribadeo, Lugo). Los inicios del poblamiento humano en la región cantábrica, unha investigación de Eduardo Ramil Rego e Jose Ramil Soneira editado polo Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba (MUPAV), do que o primeiro é director.
 A obra recolle datos sobre os inicios das poboacións humanas da rexión cantábrica e en concreto do xacemento de Louselas, en Ribadeo, ubicado preto da desembocadura do Eo. Nesta zona atopáronse un gran número de ferramentas achelenses – da especie Homo Heidelbergensis- que indican unha antigüidade de 450.000 do sitio arqueolóxico. É a primeira vez que se presenta en Galicia unha monografía científica sobre un xacemento do...
leer más
05/08/2015
O auditorio ribadense de Cabanela acollerá un concerto e unha churrascada da Banda Municipal de Música de Ribadeo este sábado, 8 de agosto.
 
O auditorio ao aire libre de Cabanela, no paseo marítimo ribadense, acollerá un concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo e unha churrascada organizada pola asociación Amadores da Música. Será este sábado, día 8, a partir das 21 horas.
Este evento está incluído dentro do intenso programa de actividades da banda de música ribadense para este mes de agosto, que empezou o pasado día 1 coa actuación xunto co trío Vaamonde, Lamas e Romero no parque ribadense de San Francisco, dentro da programación da Xira a Santa Cruz organizada pola asociación Amigos da Gaita Galega. O seguinte acto será o concerto da sección de percusión da Banda de Ribadeo xunto co grupo Calabash, que terá lugar este venres, día 7, ás 22:30 horas no Cine Teatro, dirixido por Marcos Rodríguez...
leer más
Etiquetas:
04/08/2015
Aberto ata o 24 de agosto o prazo de preinscrición no curso de informática para moz@s de 12 a 16 anos, que organizan en RIbadeo as Concellarías de Mocidade e Novas Tecnoloxías.
 
O prazo de inscrición no curso de informática para mozos e mozas, que organizan as Concellarías de Mocidade e Novas Tecnoloxías, estará aberto ata o 24 de agosto. As sesións formativas, nas que se ensinará aos alumnos a manexar diversas ferramentas ofimáticas, terán lugar os días 25, 26, 27 e 28 de agosto entre as 10 e as 11 horas na Aula CeMit de Ribadeo.
Vanesa Yanes Rivas, concelleira de Mocidade, explica que “neste curso as mozas e mozos entre os 12 e 16 anos, aprenderán a usar varias ferramentas ofimáticas, como poden ser os editores de textos, presentacións ou editor de imaxe, que lles serán de utilidade durante o curso escolar”. 
O curso será impartido polo axente TIC do Concello e as prazas serán limitadas, “pero no caso de...
leer más
04/08/2015
Este venres, 7 de agosto, comeza o "Agosto musical" da Banda Municipal de Música de Ribadeo, despois de actuar a pasada fin de semana co trío Vaamonde, Lamas e Romero.
 
Este venres, día 7 de agosto, terá lugar o primeiro dos catro actos incluídos no ciclo Agosto Musical 2015 da Banda Municipal de Música de Ribadeo cun concerto da sección de percusión xunto co grupo Calabash.
Esta actuación, que terá lugar no Cine Teatro ás dez e media da noite estará dirixida por Marcos Rodríguez Rodríguez, quen adiantou que “o concerto seguirá na liña dos anos anteriores, con música latina e todos os arranxos son feitos por nós. A intención de Calabash é seguir mantendo ese hobby que teñen os nenos cando saen da escola de música, xa que así teñen un grupo no que tocar. Nesta ocasión estamos de celebración porque cumprimos 5 anos e manter unha formación durante este tempo non é fácil, sobre todo cando só se funciona nos meses de verán. Ademais seremos...
leer más
Etiquetas:
03/08/2015
Ata o 21 de agosto está aberto o prazo de preinscrición para participar no II Taller de Harmonización Corporal que organizan a Concellaría de Igualdade de Ribadeo e o CIM.
 
Hoxe, 3 de agosto, ábrese o prazo de preinscrición no II Taller de Harmonización Corporal que organizan a Concellaría de Igualdade e o CIM. 
“Trátase dunha proposta de traballo corporal cun obxectivo claro: aportar sensación de benestar e aliviar dores articulares e musculares para mulleres”, sinalan desde o CIM.
Mariluz Álvarez Lastra, concelleira de Igualdade, explica que hoxe se abre a preinscripción para participar nunha nova edición do Taller de Harmonización Corporal para mulleres, dada a boa acollida que tivo a primeira. Nesta ocasión os Talleres desenrolaranse dende o 14 de setembro ata 18 de decembro de 2015”.
A concelleira nacionalista lembra que “nesta segunda edición ofertase a...
leer más
Etiquetas:
03/08/2015
O 6 de agosto terá lugar en Ribadeo unha nova edición da Noite Flúor, que organiza Acisa. Na cita participarán 40 establecementos comerciais.
 
Descontos en tendas, música en directo, regalos e percorridos gratuítos no tren turístico cultural de Ribadeo son algunhas das propostas  da Noite Flúor 2015, organizada pola Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo (Acisa) coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio.
Os 40 locais participantes estarán abertos de nove a doce da noite o vindeiro xoves, 6 de agosto, “tempo no que os que o desexen poden atopar interesantes descontos en tendas, así como regalos, sorpresas e música en directo. Ademais, o tren turístico cultural da vila ofrecerá servizos de balde para visitar as tendas que se dan cita na Noite Flúor e que se atopan situadas nas rúas San Roque, Ramón González, Reinante, San Francisco e Rodríguez...
leer más