Ribadeo
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto das Letras Galegas o día 27 de maio, sábado, ás 20:30 horas no Cine Teatro. O director da formación, David Ballester, salienta que este ano, coincidindo co 25 aniversario da creación da banda, homenaxearán ao seu primeiro director, Hernán Naval.
David Ballester anunciou que “o 27 de maio terá lugar o tradicional concerto das Letras Galegas da Banda Municipal de Música de Ribadeo. Este ano coincide varios días máis tarde do 17 de maio debido a que a algúns dos músicos témolos agora de excursión de final de curso e outros están ocupados cos exames finais. Entón para poder ofrecer un mellor concerto decidimos aprazalo estes dez días”.
O director da Banda Municipal de Música de Ribadeo explicou tamén que “o programa, como todos os anos neste...
leer másLa galería ribadense Terra Branca incorpora creaciones de otro artista de la comarca. En este local se pueden encontrar ahora piezas de Fernando Vilariño Gosende, cantero pontevedrés afincado en Mondoñedo.
El propietario de Terra Branca, José Ramón Leal, señala que “queremos seguir apostando, poco a poco, por los artistas de la comarca. En este caso nos hemos decantado por Fernando Vilariño Gosende, cantero de profesión, natural de Cuntis (Pontevedra) y afincado en Mondoñedo. Tiene su taller en el barrio artesano de Os Muíños, donde elabora piezas de creación propias y de diseño exclusivo”.
Leal explica que “este cantero, que nos ha parecido sorprendente, utiliza para sus trabajos granito, piedra y mármol. La tradición, el arte y la funcionalidad están presentes en todas sus obras. La creatividad es su gran pasión...
leer másA Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo organiza unha conferencia nutricional que terá lugar o 26 de maio. Será pronunciada polo prestixioso doutor Jesús Bernardo, especialista en Nutrición e Dietética.
O título da charla será Coñecer os alimentos para ter boa saúde. Jesús Bernardo é médico especialista en Nutrición e Dietética terapéutica polo hospital Robert Debré da Universidade francesa de Reims; médico especialista en Nutrición Deportiva pola Universidade Paul Sabatier, de Toulouse (Francia); membro da Comisión de Nutrición e Hábitos Saudables do Comité Olímpico Español; médico nutricionista da Selección Española de Hockey sobre patíns, da Federación Española de Patinaxe e do Real Oviedo Club de Fútbol; membro de diferentes asociacións e sociedades científicas como a SEN (Sociedade Española de...
leer másMañá, martes, ábrese o prazo de inscrición nas escolas deportivas de verán 2017 do Concello de Ribadeo, que nesta edición ofertan como novidade rugby praia. Están destinadas a rapaces/as nad@s entre 2002 e 2009. O concelleiro de Deportes, David Rivas, subliña que “o prezo de cada escola segue sen subir e mantense nos 40 euros”.
Nenas e nenos ribadenses poderán gozar este verán de actividades como pesca deportiva, piragüismo, remo, surf, vela e rugby praia. Rivas explica que “o prazo de matrícula estará aberto desde mañá ata o inicio da escola ou fin de prazas. Pode facer na Casa da Xuventude de luns a venres de 9 a 14 horas e os xoves de 16 a 19 horas”. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao seguinte teléfono 982 129 889, ao correo deportes@ribadeo.org ou ao perfil de...
leer másA Concellaría de Igualdade pon en marcha o vindeiro 28 de maio un novo domingo a pé. Será un percorrido de 13 quilómetros que estará guiado por Teresa Díaz.
Desde o CIM e desde a Concellaría de Igualdade lembra que “os domingos a pé son unha actividade anual dirixidas ás mulleres adultas, co fin de promover un tempo para elas mesmas, un tempo de ocio, un tempo illadas das obrigas familiares, laborais… un tempo para rachar con esa dobre ou tripla xornada laboral. Ademais, de poder gozar dese tempo para elas, poderán coñecer lugares do seu entorno inmediato, e facer un pouco de exercicio físico”.
E engaden que “desta volta desprazarémonos desde Ribadeo pola Pastoriza, Abraído, Reme de Abaixo, vía do tren de Vilaodrid, As Aceas, Os Bloques e Ribadeo cun percorrido de 13 quilómetros. Esta ruta será o día 28 de maio...
leer másMañá sábado da comezo a XII edición do Ribadeo de Tapeo na que participan 52 establecementos hostaleiros, que ofrecerán as súas elaboracións en miniatura ao prezo de 1,50 euros. Esa é unha das novidades desde 2017 xunto á elección das tapas gañadoras, que decidirá un xurado profesional o 22 de maio no hotel restaurante Voar. A entrega de premios do Ribadeo de tapeo celebrarase o 3 de xuño no Teatro ás 19:00 horas e contará coa actuación dos grupos participantes na II edición dos Cantos de Taberna.
A concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo, Ana Martínez, manifestou que “a partires de mañá, sábado 13, e ata o domingo 21, será de novo esta cita gastronómica en Ribadeo coa que xa van doce anos. De novo Ribadeo será o epicentro gastronómico dos sabores en miniatura da Mariña e do occidente asturiano. Eu creo que se algo tamén nos define...
leer másAcisa presentou a campaña de fidelización que levará adiante do 15 de maio ao 15 de xullo co obxectivo de premiar aos clientes fieis do comercio e da hostalería ribadenses. Por cada compra ou consumición nos establecementos asociados os clientes recibirán unhas tarxetas seladas, que deberán cubrir cos seus datos, e gardalas para acudir o día 15 de xullo ao sorteo presencial que terá lugar no parque de San Francisco. En xogo poranse 1.000 euros en vales de compra.
O presidente de Acisa, David Martínez, dixo que “dende ACISA queremos premiar á xente que adiante as súas compras de primavera verano, e ademais tamén aos fieis, a todas esas persoas que están comprando todo o ano en Ribadeo, que teñan dous meses para mercar e gozar do noso comercio. E tamén por suposto da hostalería. Queremos premiar a toda a xente que está tanto consumindo na...
leer másCARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 18 DE MAYO
JUEVES 11 (SIN ESPECTÁCULO)
VIERNES 12 Y SÁBADO 13
-“Alien: Covenant” – 18:00, 20:30 y 23:00 horas
-“Richard la cigüeña” – 18:00 y 20:30 horas
-“Un italiano en Noruega” – 23:00 horas
DOMINGO 14
-“Alien: Covenant” – 18:00, 20:30 y 23:00 horas
-“Richard la cigüeña” – 18:00 horas
-“Un italiano en Noruega” – 20:30 y 23:00 horas
LUNES 15
-“Alien: Covenant” – 20:30 y 23:00 horas
-“Un italiano en Noruega” – 20:30 y 23:00 horas
MARTES 16 (DÍA DEL ESPECTADOR)
-“Alien: Covenant” – 20:30 y 23:00 horas
-“Richard la cigüeña” – 20:30 horas
-“Un italiano en Noruega” – 23:00 horas
MIÉRCOLES 17
-“Alien: Covenant...
Os días 27 de maio, 10 e 17 de xuño en horario de tarde de 16:00 a 20:00 o Concello, en colaboración coa Asociación Os Abelleiros de Ribadeo, organiza un curso práctico teórico de iniciación á apicultura.
Os días 27 de maio e 10 de xuño, de contido teórico, darase un repaso polas principais cousas que se necesitan para comezar no manexo de colmeas; farase un percorrido polos asentamentos, materiais necesarios, principais enfermidades, normativa apícola, extracción e comercialización do mel.
E o día 17 de maio abordarase unha xornada práctica que se levará a cabo nun apiario, onde se amosará como multiplicar colmeas dun xeito sinxelo.
O curso é gratuíto e está dirixido a todas aquelas persoas que se desexen iniciarse no mundo da apicultura.
Para máis...
leer másA Concellaría de Cultura organiza unha actividade para bebés dentro do programa Apego, que se celebrará este xoves, día 11.
Baixo o nome de Movementos con Apego terá lugar esta actividade ao aire libre dirixida a bebés entre 3 e 24 meses. Os participantes xuntaranse ás 17:00 horas no Cantón e irán andando ata o Cargadoiro onde se desenvolverá a partir das 17:30 horas. Desde a Concellaría de Cultura advirten de que “en caso de mal tempo sería no Teatro”.
O número de prazas é limitado polo que é preciso inscribirse para poder asistir. As anotacións poden facerse en culturaribadeo@ribadeo.org, chamando ao número de teléfono 982 131 565 ou acudindo ao Servizo de Normalización Lingüística, sito na rúa Viejo Pancho 12.