La academia Fórma T inauguró ayer, jueves, sus instalaciones en Ribadeo, concretamente en la calle Diputación, número 7, bajo, y empezará a impartir clases este próximo lunes, día 15.
En la academia Fórma T, que nace con el objetivo de ser un centro de enseñanza integral, se impartirán clases particulares para alumnos de Primaria, ESO y BAC; de inglés y otros idiomas como francés o alemán; y para preparar exámenes de gallego CELGA, pruebas para el título de ESO y competencias clave, además de oposiciones a las diferentes administraciones. También ofrecerá formación específica para empresas y organizarán cursos y jornadas formativas.
La propietaria y directora de la academia, Azucena González Loredo, explicó que “pretende ser un centro de integral, tratando a formación desde o punto de vista da importancia que ten tanto a nivel de educación como para temas laborais e incluso por ocio para aprender cousas novas. Para acometer o proxecto desta forma estruturámolo en base a clases particulares, tanto de reforzo para axudar aos alumnos cos deberes como dunha materia específica ou dun grupo de materias, de ciencias ou de letras, para todos os niveis, dende Primaria ata Bacharelato incluíndo tamén a ESO. No apartado de idiomas imos empezar xa a semana que vén co inglés, que é do que máis demanda temos. Tanto en inglés como en francés ofrecemos clases particulares de apoio para alumnos dos institutos, da ESO e de Primaria e para adultos a preparación dos exames oficiais para a acreditación dos idiomas; e tamén para aquelas persoas que queiran aprender inglés para falalo ben e non para certificalo. E ofrecemos ademais clases de alemán”.
Azucena González añadió que también van a preparar a los alumnos y alumnas para otros títulos oficiales como los exámenes de CELGA y el acceso a la universidad para mayores de 18 años. Además destacó: “preparemos oposicións, que é outro apartado importante e ademais foi un dos primeiros motivos polos que empezamos con este proxecto. Imos empezar coas de auxiliar administrativo e queremos comezar canto antes, pechando grupos para arrancar xa a principios de febreiro. Como promoción de benvida temos matrícula gratuíta para os alumnos da preparación de oposición; vamos empezar con auxiliar administrativo da Xunta de Galicia grupo C2 e auxiliar administrativo e persoal de servizos xerais do Sergas, porque ambas as dúas ofertas públicas de emprego foron convocadas neste pasado mes de decembro e esperamos os exames cara a finais deste ano 2018 ou principios do 2019. Polo tanto son oposicións que se poden acometer a un ano vista e preparalas con certa intensidade. Esperamos poder ofrecer pronto tamén preparación para as do Sergas a nivel sanitario: auxiliar de enfermería e celador. E máis adiante teremos tamén para as de Xustiza”.
La propietaria y directora de la academia Fórma T también considera importante “traballar a formación con empresas e colectivos a demanda. ¿Por que as empresas da zona, que son basicamente autónomos e pequenos negocios, non poden competir a nivel de formación con grandes empresas que teñen departamentos de recursos humanos e formación continua? Aquí un autónomo non pode acceder a iso e hai que buscar coordinación porque todas as empresas dun sector necesitan o mesmo, por exemplo as de hostalería. E tamén a través dos colectivos, como asociacións de comerciantes, queremos ofrecer formación para un determinado sector e que así os traballadores das pequenas empresas tamén poidan formarse. Esta é unha idea a medio prazo porque agora imos empezar con máis urxente, que son clases particulares, idiomas e preparación de oposicións”.