Na Aula CeMIT de Ribadeo impartirase unha charla informativa sobre "Telefonía móbil: facturación e reclamacións". Será o 22 de xaneiro.

O 22 de xaneiro en horario de 11:00 A 12:30 horas terá lugar na Aula CeMIT de Ribadeo unha charla informativa a través de vídeo conferencia sobre Telefonía móbil: Facturación e reclamacións. Está organizada polo Instituto Galego de Consumo, a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) de Ribadeo e máis a Aula CeMIT.

Segundo explica Jorge Pereira, axente TIC do Concello de Ribadeo, “nesta charla falaremos dos principais conceptos que debemos manexar e ter en conta na contratación e relación coas compañías de telefonía móbil: tipos de tarifas, permanencia, roaming, portabilidade, etc. E tamén  analizaremos as principais reclamacións en materia de telefonía móbil e cómo realizar un uso responsable desde o punto de vista do consumo”.

E engade que “unha vez rematada a exposición dos contidos abrirase unha quenda de preguntas en cada unha das aulas para que os participantes poidan interactuar co ponente e consulten as súas posibles dúbidas”.

Para participar é necesaria a preinscrición, que ben se pode facer online no seguinte enlace: https://cemit.xunta.gal/actividade/23678 ou ben chamando ao teléfono 982 120 732 ou acudindo a propia Aula CeMIT, situada na Casa da Xuventude.