O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, ten programado un amplo programa de actividades para celebrar o Día Internacional da Muller.
O sábado, día 7: o alcalde, Demetrio Salgueiro, visitará a dona Aurora Quelle Abad, a muller máis lonxeva do concello (98 anos). O rexedor acudirá acompañado pola concelleira Ana Abad e faranlle entrega dun ramo de flores no seu domicilio.
O domingo, día 8: a partir das 17:30 horas no Salón de Actos terá lugar a VIII Chocolatada Día da Muller e despois será a inauguración da exposición Rostros da historia, que permanecerá aberta ata o día 20 de marzo.
E o martes, día 10 de marzo: no Salón de Actos ás 10:30 Contacontos Noui e o bebedizo máxico, dirixido ao alumnado de primaria do CEIP Caselle Rollán de Xove. E presentación do libro de mesmo nome, realizado polo alumnado de 6º de Primaria.