Xeorutas
O mércores ás 10:30 horas, aínda queda algunha praza libre, para a xeoruta que guiará o xeólogo Fran Canosa nas praias de Area Grande e Xilloi. A actividade é gratuíta.
Por outra parte, o sábado ás 22 horas, na explanada do antigo varadoiro, terá lugar o espectáculo de Andrea Pousa: "Retorno". Cumpriranse todas as medidas de aforo e distancia establecidas nas normativas da Xunta de Galicia. Esta actividade tamén é gratuíta.
As Concellerías de Turismo e Medio Ambiente presentaron o calendario das Xeorutas do verán de 2021, que se desenvolverán durante 22 días desde principios de xullo ata mediados de setembro.
O edil Ramiro Fernández Rey explicou que “desde as Delegacións de Medio Ambiente e de Turismo vimos de presentar as Xeorutas deste verán de 2021. Este ano decidimos apostar fortemente por este tipo de turismo activo, xa que as edicións anteriores deron uns resultados moi bos estas actividades. Neste 2021 decidimos reforzar as Xeorutas. Imos ter dúas semanais desde xullo ata setembro e en total serán 22 días de rutas durante todo o verán”.
O concelleiro de Turismo contou que “esta é unha das principais novidades que imos ter no ámbito turístico durante este ano, pero estamos planificando outras actividades, que agardamos que...
leer másAs Concellarías de Medio Ambiente e Turismo organizan dúas Xeorutas durante a Semana Santa. Serán os días 2 e 3 de abril. A cita foi presentada por Toñi Eijo e Ramiro Fernández.
O edil de Turismo contou que “un ano máis desde a Concellería de Medio Ambiente e Turismo do Concello de Burela vamos impulsar as Xeorutas de Semana Santa. É unha actividade que ten moi boa acollida entre a xente do pobo e tamén entre os visitantes e por iso decidimos seguir apostando por elas”.
Fernández Rey explicou que “nesta ocasión imos ter unha Xeoruta polo Perdouro o venres, día 2, de 10:30 a 13:30 horas; e o sábado 3 teremos unha Xeoruta pola Marosa tamén de 10:30 a 13:30 horas. Para apuntarse hai que chamar ao teléfono do Concello de Burela, 982.58.60.00, ou pode facerse a reservar de praza no blog rutasxeoloxicasdegalicia....
leer másAs Concellerías de Turismo e de Medio Ambiente anuncian que volven as Xeorutas no último trimestre do ano. O Concello recupera deste xeito as que non puideron celebrarse durante os meses de xuño e xullo por mor da pandemia do Covid-19. A Ruta Xeolóxica do Perdouro será os días 10 de outubro e 29 de decembro; a da Marosa, os días 5 e 27 de decembro; e a do Monte Castelo, o 7 de decembro. As Xeorutas foron presentadas polos concelleiros de Turismo e de Medio Ambiente, Ramiro Fernández e Toñi Eijo, xunto ao alcalde, Alfredo Llano.
O edil de Turismo explicou que “desde a Concellería de Turismo, en colaboración coa de Medio Ambiente, imos volver poñer en marcha as rutas xeolóxicas que non puidemos facer durante o verán, nos meses de xuño e xullo, debido á pandemia. Quedáronnos pendentes unha serie de rutas que queríamos facer nesas datas que...
leer másAs Concellerías de Turismo e de Medio Ambiente organizan unha nova edición das Xeorutas, que darán comezo o vindeiro 6 de xullo. Neste 2020 ponse en marcha unha nova, a do Monte Castelo, que se une ás da Marosa, O Perdouro e O Cantiño. O aforo estará limitado a 20 persoas para cada saída. Son 15 as datas marcadas no calendario para poder gozar das Xeorutas do Concello de Burela. Os edís de Turismo e Medio Ambiente participaron, xunto ao alcalde, esta mañá na súa presentación. Ambos agardan que sexan un éxito un verán máis.
Ramiro Fernández Rey declarou que “desde as delegacións de Turismo e de Medio Ambiente do Concello de Burela anunciamos que imos empezar as Xeorutas. Foi unha iniciativa que puxemos a andar aló polo 2015, tivo un éxito moi importante e decidimos seguir apostando por elas”.
O edil burelés quixo “...
leer másNeste mes de agosto a Área de Desenvolvemento Local, Economía e Turismo do Concello de Ribadeo organizará percorridos guiados (Xeorutas) a través dos que se poderá descubrir o seu importante patrimonio natural.
O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, explicou que “estes roteiros comezarán ás 11.00 horas e terán unha duración aproximada de 3 horas. Serán de balde e as prazas estarán limitadas. Para formalizar a reservas poderán facelo na Oficina de Turismo de Ribadeo ou chamando ao 982 128 689”.
O edil nacionalista contou que “se trata dunha serie de Xeorutas, para todos os públicos, nas que se mostrarán aspectos coma o importante patrimonio xeolóxico presente ao longo de todo o litoral, que vai dende o conxunto de arcos rochosos máis importantes da península ata a maior estrutura xeolóxica da mariña lucense”. ...
leer másNeste mes de agosto a Área de Desenvolvemento Local, Economía e Turismo do Concello de Ribadeo organizará percorridos guiados (Xeorutas) a través dos que se poderá descubrir o seu importante patrimonio natural.
Estes roteiros comezarán ás 11.00 horas e terán unha duración aproximada de 3 horas. Serán de balde e as prazas estarán limitadas. Para formalizar a reservas poderán facelo na Oficina de Turismo de Ribadeo ou chamando ao 982 128 689.
Desde a Concellaría de Turismo explican que “se trata dunha serie de Xeorutas, para todos os públicos, nas que se mostrarán aspectos coma o importante patrimonio xeolóxico presente ao longo de todo o litoral, que vai dende o conxunto de arcos rochosos máis importantes da península ata a maior estrutura xeolóxica da mariña lucense”.
Haberá dúas...
leer másO Concello programa catro Xeorutas que se desenvolverán na Semana Santa, os días 17, 18, 20 e 21 de abril, e que percorrerán as zonas do Cantiño, O Perdouro e A Marosa. Esta iniciativa foi presentada esta tarde polo alcalde, Alfredo Llano, polo o concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, pola concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, e por Fran Canosa, o guía que comentará as Xeorrutas aos asistentes.
O rexedor salientou que “unha das posibilidades moi atractivas para visitar Burela, dunha maneira extraordinaria, é realizar unha das Xeorutas que temos e que están tendo moi bo resultado porque permite ver Burela dunha das formas máis bonitas”.
Alfredo Llano explicou que “imos comezar o día 17 de abril coa Xeoruta do Cantiño, que é extraordinaria e permite ver o porto e as singularidades da paisaxe. O xoves...
leer másO Concello de Burela deu a coñecer as Xeorutas que se desenvolverán durante o verán. Darán comezo o 26 de xuño e rematarán o 16 de setembro. A novidade desta edición é que serán tres as Xeorutas, que se poderán facer en grupos de 20 persoas: a da Marosa e do Perdouro, que se poñían en marcha en 2016, e a do Cantiño que empeza agora. As Xeorutas foron presentadas este mediodía polo alcalde de Burela, Alfredo Llano, e os concelleiros de Turismo e Medio Ambiente, Ramiro Fernández Rey e Noelia María Ben.
O edil de Turismo salientou que “como novidade este ano imos contar cunha ruta xeolóxica a maiores, que vai ser a do Cantiño onde tamén temos formacións rochosas que son moi interesantes e moi dignas de ver”.
Ramiro Fernández dixo que “seguimos apostando por unha fórmula que nos está funcionando moi ben desde que a...
leer másO Concello de Burela organiza diversas actividades para esta Semana Santa. O 29 de marzo (Xoves Santo) e o 1 de abril haberá xeorutas, e a novidade deste ano son as visitas guiadas á igrexa de Vila do Medio os días 30 e 31 de marzo. O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, considera que Burela será un atractivo turístico máis na Mariña ao longo dos vindeiros días.
O edil burelés anunciou que “desde o Concello de Burela vimos de facer a presentación das actividades que imos promover durante esta Semana Santa. Imos intentar que todos os días haxa actividade turística en Burela”.
Ramiro Fernández indicou que “dada esa expectativa que nos temos creado imos seguir promocionando as xeorutas de Burela. Imos facer unha xeoruta o 29 de marzo, Xoves Santo, pola zona da Marosa que vai ser de catro e media a sete e...
leer más