A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión a Astorga e para comer un típico cocido maragato na localidade de Castrillo de los Polvazares. Será o día 25 deste mes, domingo.
A actividade inclúe a viaxe en autocar, o almorzo en ruta, o percorrido en Astorga para visitar lugares como a catedral, o pazo episcopal ou o centro histórico da cidade. Despois os participantes na excursión irán comer o típico cocido maragato a Castrillo de los Polvazares, localidade que visitarán despois. O prezo é de 45 euros por persoa, co seguro de viaxe incluído.
Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.