A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión para visitar os vales do Jerte e do Tormes os días 6 e 7 de abril.
A actividade inclúe a viaxe en autocar, guía acompañante, excursións para ver impresionante estampa dos cereixos en flor e localidades como El Barco de Ávila, Candelario, Béjar e outros lugares de interese da zona, comidas e aloxamento en hotel de 4 estrelas. O prezo é de 135 euros por persoa en habitación dobre, co seguro de viaxe incluído.
Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar ao teléfono 676.44.54.65.