O Concello de Xove ofrece un amplo programa de actividades durante o verán para a infancia e a mocidade.

Hoxe foi presentado o programa Verán Xove 2022 polas concelleiras de Servizos Sociais  e Xuventude e Deporte, Ana Abad  e Cristina Iglesias e respectivamente.
 
Trátase  de actividades deportivas e lúdicas en xeral. É un programa moi amplo que inclúe festas, xogos de todo tipo, excursións, competicións deportivas, obradoiros, etc.
As actividades que se van desenvolver son:
 
- Rutas San Antonio da Rigueira, que se van desenvolver o luns 13 de xuño. Prazo para anotarse ata o 10 de xuño.
 
- Programas “MÓVETE NO VERÁN” e “MÓVETE NO VERÁN CON SALA 5”, dedicado a nenos e rapaces dende 3 anos a maiores de 18. Inclúe xogos, full body, Pilates,etc. Inscricións ata o 29 de xuño na OMIX .
 
- Curso PÁDEL NO VERÁN. Do 4 de xullo ao 19 de agosto, a partires de  6 anos. Inscricións ata o 29 de xuño na OMIX.
 
- FESTA ACUÁTICA na praia de Portocelo. Domingo 31 de xullo a partir das 16:00 h. con inchables acuáticos, xogos na auga, kayaks,…
 
- XOVE CONCILIA VERÁN. Do 24 de xuño ata o 6 de setembro, con actividades de entretemento para nenos de 4º de infantil ata 4º de primaria (Prazas limitadas). Inscrición ata o 21 de xuño na OMIX.
 
- Programa MAÑÁS ACTIVAS durante os meses de xullo e agosto, para rapaces de 10 a 16 anos, con obradoiros de manualidades, xogos deportivos e actividades na natureza. Inscricións ata o 29 de xuño na OMIX.
 
- Programa XUVENTUDE:
-9 de xullo: RUTA DOS FORNOS en A Pontenova, a partir de 1º de ESO (Prazas 
      limitadas)
-13, 14 e 15 de xullo: CAMPAMENTO EN MORÁS. A partir de 6º de primaria.
-23 de xullo: PAINTBALL MOCIDADE. A partir de 3º da ESO.
-6 de agosto: VIAXE AO AQUAPARK DE CERCEDA. A partir de 1º de ESO.
-19 de agosto: OPERACIÓN DIAMANTE EN XOVE. A partir de 6 anos..
A inscrición para estas actividades vaise realizar na OMIX unha semana antes de cada actividade.
 
- Programa XUVENTUDE EN ROQ SPORT, con prazas limitadas. Estas actividades  vanse realizar en horario de mañá, con saída da marquesiña do bus do Concello, e son:
 
- “Parque de aventura” o 7 de xullo, “Orientación” o 21 de xullo, “Sup e Big Sup” o 
4 de agosto e “Paint ball infantil” o 18 de agosto.
 
- Programa XUVENTUDE EN A BALEA VERDE, con prazas limitadas. Vaise desenvolver os días 6, 11, 18, 27 e 29 de xullo, e 1, 8, 10, 12, 24 e 26 de agosto, incluindo: sendeirismo, kayak, obradoiros de reciclaxe, snorkel, actividas acuáticas, praia,… Inscricións na  OMIX ata 2 días antes de cada actividade. Estas actividades  vanse realizar en horario de mañá, con saída da marquesiña do bus do Concello.
 
-    DOMINGOS A REMOLLO NA PRAIA DE LAGO, os días 3, 10, 17, 24 e 31 de xullo, e 7,  14 e 21 de agosto. Con saídas en kayak e padel surf, en horario de 16:00 a 19:30 h. Inscrición na praia media horas antes da actividade.
 
A Organización corre a cargo do Concello de Xove, concretamente das Concellerías de Servizos Sociais, Xuventude e Deporte. Contamos tamén co patrocinio da Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social e da da Vicepresidencia e Consellería  de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Secretaría Xeral da Igualdade.