Trail
O Concello de Cervo será o escenario do I Trail A Fume de Carozo o sábado, 2 de setembro, a partir das 10:00 horas.
A cita deportiva foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, e por unha representación dos membros do club local A Fume de Carozo, en San Ciprián, onde se situará a saída e a meta do evento, en concreto na Praza dos Campos.
Tal e como explicaron desde a organización, haberá unha andaina de 13 quilómetros cun desnivel aproximado de +300 metros, un trail de 16 quilómetros cun desnivel aproximado de +600 metros e un trail de 25 quilómetros cun desnivel aproximado de +900 metros.
Nos trails tan só poderán participar as persoas maiores de 18 anos, pero a Andaina si que estará aberta para menores coa correspondente autorización do pai, nai ou titor/a.
Toda a...
presentouse na área recreativa da Veiga, en Muras, a sexta edición do Trail das Bestas, que se celebrará o vindeiro sábado 15 de xullo e que conta coa colaboración do Concello de Muras a través do Plan Único da Deputación de Lugo.
265 persoas anotáronse para facer a proba, que ofrece catro modalidades de participación: unha maratón de 43 quilómetros, un percorrido de 27 quilómetros, outro de 14 quilómetros e unha andaina, cunha distancia tamén de 14 quilómetros.
O escenario -a Serra do Xistral- é o elemento diferenciador desta carreira de montaña, que é unha referencia no calendario galego. Nesta edición, os percorridos das probas de distancias menores deseñáronse co obxectivo de poñer en valor ese espazo natural emblemático.
A loxística da proba concentrarase na contorna da área...
leer másPresentouse na praia de Vidreiro a terceira edición do Trail do Vicedo, que se celebrará o vindeiro domingo, 21 de maio. Asistiron o alcalde do Concello de O Vicedo, José Jesús Novo Martínez, Raquel Sánchez Pulgar, irmá de Natalia Sánchez Pulgar, impulsora deste Trail en 2019 e falecida correndo en 2021, e integrantes do Club Peña Lar Trail y Montaña, coorganizadores da proba.
Mañá, 17 de maio, será o último día para poder anotarse ás probas (andaina, Trail 28K e Trail 15K). Desde a organización subliñan que “para a andaina quedan poucas prazas xa”. O percorrido pasará pola Costa de O Vicedo dende leste a oeste, comezando no entorno do Fuciño do Porco e rematando no Porto do Vicedo tras pasar por varias praias do municipio.
Na presentación como en anos anteriores participaron os alumn@s do Colexio Pedro Caselles Rollan, de Xove, que acompañados de todo o profesorado do centro, fixeron un pequeno percorrido do MiniTrail dos Nen@s. Este ano o punto elixido foi a zona costeira de Punta Merixe na parroquia de Portocelo, onde todos os nen@s que participen nas carreiras poderán disfrutar dun entorno espectacular de costa e monte.
No acto de presentación, estiveron presentes, o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, todo o profesorado do Colexio de Xove, e os membros do Comité Organizador do Xove Costa Trail.
Dende o Comité Organizador agradecen “ao Colexio de Xove, a sempre colaboración que teñen con todos os eventos deportivos que organiza a ACD XOVE, agradecemento ao Concello de Xove, como patrocinador e coorganizador do evento, e o resto...
leer másEste mediodía presentouse na área recreativa da Veiga, en Muras, a quinta edición do Trail das Bestas, que se celebra o vindeiro domingo 17 de xullo e que conta a escasas horas de pecharse o prazo de inscrición -ao rematar o día de hoxe- conta con 350 persoas anotadas.
A proba ofrece catro modalidades de participación: 43 Kms, 27Km, 14 km e andaina, para facer camiñando e cun percorrido tamén de 14 km. A organización destacou que nesta quinta edición a Serra do Xistral ten maior protagonismo en todos os itinerarios, reforzando a visibilidade deste espazo natural emblemático. Así mesmo, atendendo ás previsións meteorolóxicas, prevese un reforzo dos puntos de avituallamento e a presenza dun equipo sanitario que desenvolverá unha labor preventiva.
Como en anteriores edicións, ponse especial atención na...
leer másCervo acollerá o II Trail de Sargadelos o 24 de xullo. Tamén haberá unha andaina que partirá ás 9:30 horas do Conxunto Histórico Artístico
A cita foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares e polos concelleiros David Rodríguez e Dolores García Caramés, en representación da asociación Amigos da Trula, que organiza o evento en colaboración coa administración local
O percorrido previsto será de 11 quilómetros e circular "e permitirá aos/ás participantes desfrutar das paraxes e sendeiros da contorna de Sargadelos", tal e como apuntaron desde a organización.
A recollida de dorsais farase o sábado 23 en horario de 17h a 20h e o mesmo día da carreira de 08:00h a 09:00h.
A saída do trail está prevista para as 09:00 horas e a andaina ás 9:30 horas.
... leer másHoxe presentouse esta importante cita deportiva que este ano acada a súa terceira edición. Nesta presentación contouse, ademáis dos organizadores, cos alumnos e profesores do CEIP Pedro Caselles, os cales se desprazaron ata Vilachá, na Parroquia de Portocelo, e despois, todos xuntos fixeron unha camiñata ata o Faro de Roncadoiro. Nesta presentación, os nenos participantes mostraron, en solidaridade co pobo de Ucraína, unha gran pancarta cun “NON Á GUERRA”.
A organización desta edición corre a cargo da ACD Xove e co patrocinio do Concello de Xove, hoxe representado pola concelleira Dolores Meitín, e da Secretaría Xeral para o Deporte / Fundación Deporte Galego, e a colaboración de RoqSport, Asociación Komando Xoviético e comerciantes de Xove.
XOVE COSTA TRAIL, que se vai celebrar o sábado 19 e o domingo 20 de marzo...
leer másA Xove Costa Trail celebrarase os días 19 e 20 de marzo con cambios respecto ás edicións anteriores.
A Xove Costa Trail celebrarase os días 19 e 20 de marzo de 2022 con cambios respecto ás edicións anteriores nas distancias e percorridos das carreiras.
Os organizadores explican que “a longa pasa a ser XCT35K, aumentando o seu recorrido 10 quilómetros e sendo circular, con saída e chegada en Xove. A curta para a ser a XCT18K, aumentando 3 quilómetros o seu recorrido e seguirá sendo lineal, con chegada en Xove. A andaina será de 12 quilómetros, sendo circular en sentido contrario ás carreiras. As dos nenos serán un Circuíto Trail no entorno de Roncadoiro”.
As carreiras XCT35K, XCT18K e a andaina celebraranse o domingo pola mañá e as carreiras dos nenos o sábado pola mañá.
Hoxe venres, ás 13:30 horas, tivo lugar a presentación da II Edición do Xove Costa Trail 2021, na que estivo presente o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro Rapa, a concelleira de Deportes, Cristina Iglesias Guerreiro, e os organizadores do Xove Costa Trail 2021.
Dito evento levarase a cabo os días 21 de Agosto con Andaina e Carreiras para Nen@s e o domingo día 22 de Agosto onde se farán as dúas carreiras Trail, de 25 Km e 15 Km. A maior parte dos circuitos, tanto de Andaina como de Trails, son pola Senda Costeira de Xove. Os caminantes da Andaina sairán da Praia de Esteiro con chegada á Praia de Morás, con un percorrido de 15 Km. As carreiras para os nen@s, serán no entorno do Cabo Morás, con chegada á Meta na Praia de Morás. Os mais maiores correrán uns 1.500 m. e os máis pequenos uns 700 m.
Os corredores de 25K...
leer más