Trail

Etiquetas:
18/05/2021

O Concello de Muras colabora na organización do Trail das Bestas, que se celebrará o día 11 de xullo en A Veiga.

Ademais o día 10 de xullo terá lugar a Nocturna Starlight Serra do Xistral.

O trail curto e andaina terá unha lonxitude de 14 quilómetros, o trail de 27 e o maratón de 43 k.

As persoas interesadas poden obter máis información en www.traildasbestas.com. 
Colaboran na organización deste evento: Deputación de Lugo e Marmar Outdoor.

 

Etiquetas:
16/05/2021

Desde a ACD Xove sinalan que “temos novas e queremos que se entere todo o mundo, polo que facemos una campaña mundial para anunciar a data da próxima edición da Xove Costa Trail.  O 21 de Agosto celebraranse a andaina e o trail dos nenos y o 22 de agosto a XCT”.

E engaden: “estade atentos que en breves abriremos inscricións”.

Etiquetas:
31/10/2018

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao Alcalde de Muras, Manuel Requeijo, e o Tenente de Alcalde, Mario Rouco, presentou este mércores no Concello de Muraso II Trail das Bestas, que terá lugar o vindeiro 4 de novembro.O Goberno da Deputación é o principal patrocinador desta cita deportiva cunha achega de 5.000 euros para a organización desta proba, promovendo así o deporte lucense e dando a coñecer diferentes zonas da Provincia.

Rivera Capón remarcou que “esta proba é unha oportunidade excepcional para dar a coñecer lugares únicos como a Serra do Xistral. O percorrido será circular con saída e meta na área recreativa A Veiga, e discorrerá por zonas de especial interese medioambiental preto da Serra e o Río Eume.Trátase dun entorno natural único que se pon en valor a través de probas que gozan de grande interese para os...

leer más
Etiquetas:
29/10/2017

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao Alcalde de Muras, Manuel Requeijo, e o Tenente de Alcalde, Mario Rouco presentou no Concello de Muraso I Trail das Bestas, que terá lugar o vindeiro 5 de novembro.O Goberno da Deputación é o principal patrocinador desta cita deportiva cunha achega de 5.000 euros para a organización desta proba, promovendo así o deporte lucense e dando a coñecer diferentes zonas da Provincia.

Rivera Capón remarcou que “a 1º Edición desta proba é unha oportunidade excepcional para dar a coñecer lugares únicos como a Serra do Xistral. O percorrido será circular con saída e meta na área recreativa A Veiga, e discorrerá por zonas de especial interese medioambiental preto da Serra e o Río Eume.Non en vano, compráceme anunciar que xa hai preto de 100 participantes inscritos de toda Galicia”.

... leer más