Torneo
A décimo novena edición do torneo de tenis Vila de Foz disputarase do 14 ao 20 deste mes nas pistas de Marzán. Está organizado polo Foz Club de Tenis e colabora o Concello focense.
O torneo disputarase tanto en individual como en dobres na modalidade absoluto-mixto. A data límite de inscrición é este venres, día 11 de agosto, e agárdase unha participación semellante á do ano pasado.
Foi presentado polo alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, e o directivo do Foz Club de Tenis Ramón Cajoto Sante.
Hoxe tivo lugar a presentación do V Torneo de Padel San Bartolo de Xove. Neste acto estiveron presentes o alcalde, Demetrio Salgueiro, a concelleira de Deportes, Cristina Iglesias, xunto con Ivan Gonzalez da empresa IG10, que xestiona o torneo.
O torneo será dende o 14 ao 18 de agosto e terá as seguintes categorías: masculina, feminina e mixta. Repartiranse 1200 euros de material deportivo en premios.
A inscrición pódese facer na Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove ou ben nas instalación de IG10 en Burela. O sorteo será o día 11 ás 20:00 na pista de pádel.
Do 17 ao 30 de xullo terá lugar o III Torneo de Tenis Concello de Burela Memorial José Luis Yebra, que foi presentado esta mañá. O evento está organizado polo Club de Tenis-Pádel A Marosa e conta coa colaboración de Concello burelés.
O torneo disputarase nas modalidades individual masculino e feminino e dobres masculino. A inscrición estará aberta ata o vindeiro día 14. As persoas interesadas en participar poden anotarse en clubdetenispadelamarosa@outlook.com ou nos seguintes números de teléfono: 630 744 347 e 687 433 380. A cota en individual masculino será de 5 euros para os socios e de 10 euros para os non socios; en individual feminino 3 euros para socias e non socias; e en dobres masculino a cota será de 5 euros/parella socios e 10 euros/parella non socios.
... leer másEste fin de semana, os días 17 e 18 de xuño, terá lugar na vila o XIV Torneo SD Ribadeo Alevín e Mini Prebenxamín no que participarán 37 equipos procedentes de Galicia, Asturias ou Portugal, entre outros lugares. O torneo foi presentado no salón de actos do Concello coa asistencia do concelleiro de Deportes, David Rivas, e do técnico deste departamento Iván López.
O representante da SD Ribadeo Juan Valle anunciou que “este fin de semana, 17 y 18 de junio, tenemos el torneo alevín internacional, como ya ha habido dos fines de semana anteriores, ahora nos toca el alevín y el mini prebenjamín”.
Valle explicou que “en miniprebenjamín nos faltó un equipo y van a hacer un grupo de cinco que jugarán todos contra todos, una especie de liguilla. En alevín tenemos equipos de Portugal, Castilla-La Mancha, Asturias y la...
leer másNo XIV Torneo de Fútbol Base da SD Ribadeo nas categorías benxamín e prebenxamín, que se celebrará na localidade os días 10 e 11 de xuño, participarán 37 equipos procedentes de Asturias, León, Extremadura, Portugal e Galicia. O torneo foi presentado no Concello coa asistencia do concelleiro e do técnico municipal de Deportes así como de representantes da entidade organizadora.
O vocal da SD Ribadeo Francisco José Muíña dixo que “se trata del décimo cuarto torneo de fútbol base que se celebra los días 10 y 11 de junio, sábado y domingo, en las categorías prebenjamín y benjamín”.
Francisco José Muíña explicou que “en la categoría prebenjamín participarán clubs de Asturias, Galicia y León. Y de la categoría benjamín de Asturias, Galicia tanto de las provincias de Pontevedra como Coruña y Lugo, Portugal y un equipo...
leer másA asociación cultural O Pasatempo organiza por noveno ano consecutivo o torneo de fútbol-sala O Pasatempo en Mondoñedo, os días 16, 17 e 18 de xuño.
No torneo participan equipos galegos, asturianos e leoneses que contan con xogadores de Primeira, Segunda, Segunda B e Terceira División do fútbol sala nacional.
Os premios son: 1.800 euros e trofeo para o primeiro clasificado, 750€ e trofeo para o segundo, 250 euros e trofeo para o terceiro e o cuarto, 150€ e trofeo para o mellor equipo local, e o último clasificado recibirá unha tarta de Mondoñedo. Ademais haberá trofeos para o mellor xogador, máximo goleador e mellor porteiro, e premio para o MVP da final elixido polo público asistente. Tamén haberá un trofeo para a persoa do público que máis horas bote no pavillón.
A inscrición é de 120€...
leer másA vindeira fin de semana, os días 3 e 4 de xuño, celébrase en Ribadeo o X Torneo Infantil de Fútbol Concello de Ribadeo e I Memorial Paco da Canela, que organiza a SD Ribadeo. Neste evento deportivo participarán 16 equipos que traerán a Ribadeo arredor de 1.000 persoas entre xogadores, adestradores e acompañantes.
O concelleiro de Deportes, David Rivas, salientou que “van vir a Ribadeo unha cantidade inmensa de nen@s e de familias acompañantes que van supoñer un punto moi importante na dinamización da vida da vila. Quero sobre todo agradecer á SD Ribadeo o esforzo que ano tras ano fai para organizar estes torneos porque si que é verdade que nestes últimos tempos, coa lei nova do deporte, se está poñendo todo moi costa arriba para organizar calquera evento deportivo e eles conseguen facelo”.
O edil ribadense dixo...
leer másO Pavillón da Veiga acollerá o III Torneo de Voleibol “Concello de Cervo” o 27 de maio.
A cita foi presentada no propio escenario da competición, no Pavillón da Veiga, polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, e unha representación das tres categorías de voleibol que hai no seo das Escolas Deportivas Municipais do Concello de Cervo: Infantil e xuvenil feminino, e xuvenil masculino.
Ao longo de toda a xornada xogaranse 12 partidos de xeito practicamente ininterrompido nas categorías infantil e xuvenil feminino, e xuvenil masculino.
No campionato participarán o EDM Cervo, o C.D. Aldebarán San Sadurniño, o C.V. Naron Volea e o C.V. Emeve Lugo.
Haberá trofeos e medallas para os participantes.
Unha das...
leer másO II Torneo de Ximnasia Rítmica Concello de Foz, organizado polo Club de Ximnasia Rítmica Areoura, terá lugar o vindeiro sábado, 6 de maio no pavillón de Marzán a partir das 16:30 horas. Foi presentado hoxe, mércores, cun acto ao que asistiron o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira; a secretaria e adestradora do club Areoura, Lucía Filgueira; así como as socias do club Carolina Mansilla, María Luisa Marcos e Paula e Carla Díaz.
O torneo é de nivel escolar e iniciación en todas as categorías, desde baby ata senior, e haberá modalidade conxunto e individual. Os clubs inscritos son: Club E.X. Porta Norte, Club Ximnasia Rítmica Viveiro, Club Becerreá, Club Xirandela, Club Violeta, Club Filigrana, Club A.D. Aixa, Club Escola Rías Baixas, Club Ría de Marín, C.D. Rítmica La Bañeza, e Club E.X. Areoura, como anfitrión. Ao redor de 300...
leer más