O II Torneo de Ximnasia Rítmica Concello de Foz, organizado polo Club de Ximnasia Rítmica Areoura, terá lugar o vindeiro sábado, 6 de maio no pavillón de Marzán a partir das 16:30 horas. Foi presentado hoxe, mércores, cun acto ao que asistiron o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira; a secretaria e adestradora do club Areoura, Lucía Filgueira; así como as socias do club Carolina Mansilla, María Luisa Marcos e Paula e Carla Díaz.
O torneo é de nivel escolar e iniciación en todas as categorías, desde baby ata senior, e haberá modalidade conxunto e individual. Os clubs inscritos son: Club E.X. Porta Norte, Club Ximnasia Rítmica Viveiro, Club Becerreá, Club Xirandela, Club Violeta, Club Filigrana, Club A.D. Aixa, Club Escola Rías Baixas, Club Ría de Marín, C.D. Rítmica La Bañeza, e Club E.X. Areoura, como anfitrión. Ao redor de 300 participantes congregaranse na segunda edición deste torneo no que colaboran: Concello de Foz, Triditive, Casa Maño, Barrilete, As Brasas, María Docampo, Gadis, Racimo, Atlántica, Bar 78, Aroma Café, Don Mexilón, Papiro, A Eskina, Area, Tupide, Vagaluz, Almacenes Pura, Bar Escairo, 5 lobiños, Dama, Marexada, Fauna, Pizzería Xoiña, Meta, Mititas baile e danza – Rías Baixas, así como Frutas Morriña, empresa á que o club Areoura lle expresa un especial agradecemento tras o suceso que sufriron hai uns días.