Torneo
Desde o Concello explican que “retomamos unha actividade que se viña celebrando nos invernos previos á pandemia. Trátase dun torneo que terá lugar na tarde noite do 4 de febreiro co obxectivo de ofrecer unha pequena alternativa de ocio activo para a xente máis nova e adultos do municipio. Xa podedes anotarvos en omix@concellodovicedo.org ou por mensaxe privada no Facebook ou Instagram”.
O Torneo dará comezo o 4 de febreiro ás 18:00 horas na Casa da Cultura. O sistema de competición será fase de grupos e fase final para que cada xogador dispute un mínimo de partidas. Os premios consistirán en material de tenis de mesa para os tres primeiros clasificados.
Viveiro acolle os próximos días 3 e 4 de xaneiro o “Torneo de Nadal Cidade de Viveiro” de baloncesto, un campionato patrocinado polo Concello e organizado polo CB Viveiro e Drocer Eventos, coa colaboración da Deputación de Lugo e a Xunta xunto a Viveiro Asesores, Cafés Candelas e Hotel Reesort Las Sirenas.
Os polideportivos Antonio Tarrío, Vilar Ponte e o pavillón Municipal serán as sedes deste torneo para as categorías alevín e infantil, que reunirá na vila a un total de 18 equipos, 9 da categoría masculina e 9 da feminina, pertencentes ao Club Baloncesto Costa Artabra (BBCA) de Ferrol, o CB Montrove de Oleiros, o CB Navia de Asturias, o CB Bezana de Cantabria, o CAB Pontevedra ademais do club anfitrión.
“Estamos moi felices de poder acoller este torneo na nosa vila. É unha oportunidade fantástica non só de...
leer másEl hotel Vila do Val acogerá los días 14 y 15 de octubre el II Torneo de Bridge Valadouro.
En el evento participarán 38 parejas procedentes de Asturias, Cantabria, Castilla-León, Galicia y Portugal. El torneo comenzará a jugarse el viernes a las 19:30 horas y continuará el sábado a las 17:30 hasta su finalización sobre las 20:30 horas.
Está organizado por el Club Bridge Cidade de Lugo desde donde señalan que “la finalidad es dar a conocer la comarca de A Mariña a través de bridge, así como este juego que es universal”. Durante la mañana del sábado los asistentes harán una visita a la Torre del Mariscal Pardo de Cela, que será guiada por Jesús Pisón. Y el domingo se acercarán hasta la Basílica de San Martiño de Mondoñedo.
La directora del hotel Vila do Val, María Hermida, asegura que “...
leer másEste domingo, día 2 de outubro, no Campo da Mina, da Pontenova, disputarase a décimo primeira edición do torneo de billarda Aberto do Ferro, que é a segunda xornada da tempada da LNB.
Este evento deportivo, que organiza o club de billarda Troitas Bravas, de A Pontenova, celebrarase a partir das 11 da mañá.
O Campo de Bolos de Boulloso acollerá o VII Torneo de Bolo Celta de A Pontenova este sábado, 1 de outubro, en horario de 09:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas.
Está organizado polo Concello de A Pontenova e haberá tamén xogos tradicionais para nen@s e adult@s (chave, ra, mariola, tiro de corda, chapas, zancos, etcétera), coa colaboración da Asociación Galega da Asociación Galega de Xogo Popular e Tradicional.
O Concello de Cervo e o C.D. San Ciprián, coa colaboración do noso veciño e afeccionado ao pádel, Francisco García, organizan o I Torneo de Pádel Cervo que terá lugar nas pistas municipais do complexo deportivo da Veiga do 20 ao 25 de setembro, ambos incluídos.
As persoas interesadas poden inscribirse ata o 15 de setembro no teléfono 639 05 40 15.
Os xogadores poderán competir nas categorías masculina, iniciación masculina, feminina e mixta; ata un máximo de 16 parellas por categoría. O prezo establecido para inscribirse será de 15 euros nunha categoría e de 25 euros en dúas categorías. O premio será material deportivo e haberá cadro de consolación en todas as categorías.
O torneo, tal e como explican desde o Concello, tamén servirá de escaparate para dar a coñecer as nosas instalacións a...
leer másXove acollerá o vindeiro domingo, 21 de agosto, o XXXII Torneo do Concello de Xove de fútbol.
Este torneo terá lugar no Campo Municipal de Xove, ás 18:00 horas, e enfrentará á SD Candelaria coa UD Xove Lago.
O evento foi presentado nas últimas horas
Do 29 de agosto ao 4 de setembro celebrarase en Xove o IX Torneo de Pádel San
Bartolo, que incluirá un sorteo o día 26 de agosto as 14:00h na Pista de Pádel.
O torneo contará con tres categorías, masculina, feminina e mixta, e repartiranse
1.500€ de material deportivo nos premios das tres.
As inscricións son limitadas e inclúen seguro de accidentes persoal. O prezo será 18€
por unha categoría e 30€ por dúas. As persoas interesadas poderán inscribirse ata o
día 25 chamando ao 982 571 816 (OMIX) ou ao 982 581 381 (Activity).
O Pavillón da Veiga, en San Ciprián, será o escenario este sábado do III Torneo Concello de Cervo de Tenis de Mesa, organizado polo Club Deportivo San Ciprián en colaboración coa Administración local.
A cita foi presentada pola tenente alcalde Dolores García Caramés, o edil de Deportes, David Rodríguez, polo coordinador da sección de Tenis de Mesa do CD San Ciprián, Fernando Fernández, e polo xogador local Estéfano Berruezo.
A competición contará con medio cento de participantes procedentes de diferentes clubs de Galicia e Asturias. Está previsto que comece ás 10:00 horas e prolongarase durante toda a xornada do sábado. Haberá trofeos para os catro primeiros clasificados.
Tal e como precisaron Caramés e Rodríguez “este torneo é o colofón para unha tempada perfecta do club local de Tenis...
leer más