No Vicedo volve o Torneo de Tenis de Mesa para a xente nova e adulta a partires do 4 de febreiro. Inscrición aberta.

Desde o Concello explican que “retomamos unha actividade que se viña celebrando nos invernos previos á pandemia. Trátase dun torneo que terá lugar na tarde noite do 4 de febreiro co obxectivo de ofrecer unha pequena alternativa de ocio activo para a xente máis nova e adultos do municipio. Xa podedes anotarvos en omix@concellodovicedo.org ou por mensaxe privada no Facebook ou Instagram”.

O Torneo dará comezo o 4 de febreiro ás 18:00 horas na Casa da Cultura. O sistema de competición será fase de grupos e fase final para que cada xogador dispute un mínimo de partidas. Os premios consistirán en material de tenis de mesa para os tres primeiros clasificados.