Trátase dunha comedia de 90 minutos de duración, escrita e dirixida por Cándido Pazó. Toño Casais e Artur Trillo forman o elenco artístico.
Unha situación, un conflito, personaxes e diálogo. Catro pés para o banco da comunicación teatral. Hai outros. Pero quixemos probar se chegaba con estes para que o banco se mantivese en pé. “Comidrama”. Xa que o concepto existe, outorguémoslle un nome. Un termo que exprese esa alquimia dramática entre o humor e a emoción, entre a dor e o pracer, entre o divertimento e a reflexión. A espera, un eco beckettiano que chega de lonxe. O fracaso colectivo reverberando metaforicamente.A fraxilidade humana resoando no fondo do precipicio.
A representación terá lugar este sábado ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz, en Viveiro.