O Teatro das Cortes, que está no lugar de Xestoso, en Cabanas (O Vicedo) organiza un Tarde de Cinema Rural este sábado, día 2 de novembro.
As actividades comezarán ás 18:30 horas cun coloquio sobre cinema rural no que participarán Manolo González (coordinador do Laboratorio Chanfaina, de San Sadurniño), Marisa Otero e Abelardo Rendo, da asociación cultural Sen un Peso, de Vedra). E ás 19:30 horas haberá unha proxección de curtametraxes feitas no rural por xente destes colectivos.
A entrada é de balde para este evento que organiza a asociación cultural Vota e Dálle.