
A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras de Burela organiza un paseo fluvial polo río Landro, en Viveiro, o domingo 16 de maio.
A saída será, ás 10:00 horas, da Estación de Autobuses de Burela e o desprazamento realizarase en coches. Para participar non é necesario anotarse.
A organización informa que é unha ruta moi recomendada para os nenos e ten unha lonxitude de 7´79 quilómetros bordeando o río Landro, declarado Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e Lugar de Importancia Comunitaria (LIC).
Haberá que respectar en todo momento as normas de seguridade vixentes.