Sendeiros de Foz instalará un ano máis o Belén de Cumes. Será o 17 de decembro na Cornería. A camiñata dará comezo ás dez da mañá.

Sendeiros de Foz instalará un ano máis o Belén de Cumes. Será o 17 de decembro na Cornería. A camiñata dará comezo ás dez da mañá.
 
A asociación Sendeiros de Foz instala un ano máis o Belén de Cumes. Nesta ocasión diríxese cara a Cornería o sábado, 17 de decembro, e a camiñata, de dificultade baixa, comezará na capela do Carme de San Martiño ás 10:00 horas. Os participantes xuntaranse no Concello para poder levar ao punto de saída a quen non teña medio de transporte. A saída dende o Concello está prevista para as 9:30 horas.
 
Todo o que queira pode levar unha figuriña para facer máis grande o belén, xa que o ano pasado colocáronse as que se puxeran no Pico da Lebre. Todos os interesados deben anotarse para tramitar o seguro de accidentes, a actividade é gratuíta. As anotacións poden facerse ata o venres 16 nos números de teléfono 676 561 594 (Nelli) e 670 369 017 (Morís), e por e-mail en ossendeiros@yahoo.es .
 
Os organizadores recomendan levar equipo de sendeirismo.