A asociación Pasada das Cabras de Burela organiza para o sábado, 14 de xaneiro. A primeira etapa do Camiño do Cantábrico que farán ao seu paso por Asturias será a comprendida entre Castropole e a praia de Arnao.
A ruta ten 9 quilómetros de percorrido e dificultade baixa. A saída será ás 9:00 horas da Estación de Autobuses de Burela. O prezo é de 20 euros para os socios e 25 € para os que non o son, e inclúe autobús, comida e seguro. Para poder participar nesta ruta é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou chamando ao número de teléfono 982 580 504, antes do xoves, día 12, ás 20:00 horas.
A seguinte etapa que organizará a asociación Pasada das Cabras será xa por terras galegas, en concreto polo concello de Ribadeo.