Amigos de RegalXunqueira realizarán o 3 de decembro un ruteiro pola costa entre Reinante e Ribadeo.

Amigos de RegalXunqueira realizarán o 3 de decembro un ruteiro pola costa entre Reinante e Ribadeo.
 
A asociación Amigos de Regalxunqueira organiza un ruteiro o sábado, 3 de decembro, por Reinante e Ribadeo.
 
A saída da estación de tren de Viveiro será ás 10:00 horas ata Reinante, e alí ás 11:00 horas comezará a camiñata ata Ribadeo onde a comida será no restaurante A Dorada do Cantabrico.
 
O percorrido discorrerá por As Catedrais, Rinlo, as praias de Areosa, Castro e Olga, a Illa Pancha, o Forte de San Damian e rematará en Ribadeo. A distancia é de 16 quilómetros e é todo chán. Os organizadores recomendan levar bocata para o almorzo e bebida. Non é preciso ser socio para participar. 
 
A volta será ás 18:40 horas dende a estación de tren de Ribadeo ata Viveiro. Ás 22:00 horas está programada unha cea-baile no restaurante Louzao, o prezo é de 50 euros con mariscada, carne e bebida.