Semana Santa
A cita propón varias actividades de balde sobre a Semana Santa e un concurso de debuxo infantil
O Concello de Viveiro súmase á celebración do I Día da Rede Europea de Celebracións de Semana Santa e Pascua, programado para os próximos 1 e 2 de outubro.
A iniciativa está organizada pola propia Rede Europea, da que Viveiro forma parte. A cita nace con carácter anual para dar a coñecer os valores culturais tanxibles e intanxibles da Semana Santa, fóra da súa época de celebración, ademais de ofrecer unha oferta turística e cultural para a poboación local e visitante.
Durante os días en que terá lugar, cada localidade membro da Rede organiza actividades que se desenvolverán de forma simultánea en todos os lugares adheridos á mesma. En total, celébranse nas distintas cidades máis dunha trintena...
leer másO Concello de Cervo ofrece alternativas turísticas para todos os gustos e todas as franxas de idade esta Semana Santa.
Un dos principais atractivos naturais do noso municipio son as rutas de sendeirismo, que están coidadas e sinalizadas. Hai rutas que bordean a costa, como poden ser o sendeiro azul, a ribeira de Lieiro, a ruta ornitolóxica, ou a ruta das canteiras; e se hai preferencia por unha zona máis interior, pódese optar pola ría que percorre a beira do río Xunco ata Sargadelos, onde se pode camiñar polo Paseo dos Namorados ata chegar á fervenza ou, se estades interesados nas plantas, coñecer ao detalle a nosa flora a través da Senda Botánica.
Alí atopámonos unha das xoias patrimoniais e turísticas do noso municipio, que é o Conxunto Histórico e Artístico de Sargadelos. Esta localización, declarada Ben de...
leer másO Concello de Burela organiza as Xeorutas de Semana Santa que se celebrarán os días 15 e 17 de abril.
O venres 15 de 10:30 a 13:30 horas terá lugar a Xeoruta do Perdouro. O domingo 17 de 16:30 a 19:30 horas desenvolverase a Xeoruta da Marosa.
As saídas serán da Oficina de Turismo, no porto de Burela. As persoas interesadas poden inscribirse no Concello de Burela, no teléfono 982 586 000, ou en rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com.es.
A Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro continuará co seu programa cultural Adral, o vindeiro domingo, 13 de marzo, coa presentación en Sevilla da Semana Santa viveirense. No acto, que terá lugar ás 11:00 horas na igrexa de San Ignacio de Loyola, intervirán o presidente da Xunta de Cofradías, José Veiga, e a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro. Despois ofrecerá un concerto a banda Nuestra Sra. De la Misericordia de Viveiro.
O venres, 18 de marzo, ás 20:30 horas na igrexa do Convento da Concepción, actuará o Grupo de Gaitas do Conservatorio de Música de Viveiro. O xoves, 24 de marzo, ás 20:30 horas na igrexa de Santa María, ofrecerán un concerto os Alumnos de Vento do Conservatorio de Música de Viveiro. O sábado, 26 de marzo, celebrarase o X Certame de Bandas Cidade de Viveiro e ás 19:30 horas haberá pasarrúas polo casco vello de...
leer másO Concello de Viveiro acolleu o acto de presentación do cartel da Semana Santa 2022, unha homenaxe á Irmandade do Prendemento polo 75 aniversario da súa fundación.
“Supoño que todos estamos dacordo en que a Semana Santa de Viveiro será este ano realmente emotiva e especial, despois da dura pandemia de coronavirus que nos tocou vivir”, afirmou a alcaldesa, María Loureiro.
A programación da Semana Santa incluirá todas as procesións e actos habituais, esperando que poida celebrarse con normalidade a respectando por suposto as medidas e recomendacións sanitarias que se atopen en vigor.
“Quero trasladarlles a miña noraboa, e falo en nome do conxunto da corporación, a todos os cofrades da Irmandade do Prendemento por estes primeiros 75 anos de vida, agradecéndolles o seu traballo incansable...
leer másDesde la Xunta de Cofradías de la Semana Santa de Viveiro anuncian que “el próximo sábado día 5 a las 12,30 horas en el Multiusos del Concello presentaremos el cartel de la Semana Santa 2022 de Viveiro, la cual esperamos con grandes deseos de su celebración, después de 2 años sin posibilidad de hacerlo”.
Y subrayan que “el cartel de este año está dedicado, merecidamente al Prendimiento, ya que dicha Hermandad está conmemorando el 75 Aniversario de su Fundación y así fue acordado por unanimidad en la Xunta de Cofradías. El autor del mismo no fue establecido por Concurso sino como venimos haciendo en los últimos años, escogiendo un fotógrafo de demostrada colaboración con nuestra Semana Mayor y este año recayó en J.M. Paleo”.
Desde la Xunta de Cofradías de la Semana Santa de Viveiro añaden que “en dicha...
leer másO Concello de Mondoñedo inmortaliza nun vídeo (https://youtu.be/aCnG5ZOUEb0) a Semana Santa do 2021 marcada pola situación sanitaria derivada da pandemia da covid-19. A creación audiovisual da a coñecer as imaxes máis importantes da Semana Santa mindoniense, de interese turístico, que se concentran este ano no interior da Catedral de Mondoñedo.
“Trátase dunha exposición única, nunca vista, nun entorno tamén único como é a Catedral de Mondoñedo, declarada Monumento Nacional en 1902 e Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no 2015”, segundo destacan dende o goberno local.
A peza audiovisual de pouco máis de 3 minutos e medio comeza ensinando as tres obras escultóricas de Raimundo Rubal que adornan a entrada da Catedral de Mondoñedo.
Xa no interior, o...
leer másPor segundo año consecutivo, la Semana Santa no se podrá celebrar como en años anteriores, por ese motivo se pone en marcha una iniciativa que nos recuerde lo importante que es para el comercio y la hostelería esa semana del año.
También para rendir homenaje a los cientos de personas que año tras año trabajan desinteresadamente en la organización de la misma.
En colaboración con la Xunta de Cofradías, secolocó en los escaparates de los comercios distinto material cedido por todas las Cofradías y Hermandades, que nos hará vivir la Semana Santa en la calle, pero vista de otro modo.
Son numerosos los comercios que se unieron a la iniciativa, cediendo desde escaparates completos, a balcones, e incluso la hostelería colgando carteles y cuadros con fotos de la Semana Santa de años anteriores...
leer másComeza a exposición no Cruceiro da Catedral que da acceso ao Claustro, con imaxes da Procesión do Santo Encontro: a Verónica, o San Xoán e O Nazareno.
Na Xirola da Catedral, na primeira capela, a de San Fracisco, estará a Reserva do Santísimo. Na Capela do Cristo da Boa Morte, a que atopamos a continuación, está o Cristo Xacente dentro da súa urna. Pertence á Procesión do santo Enterro.
Na terceira capela, na de de Santa Ana, atópase a Dolorosa da Procesión da Soidade e remata a xirola a capela do Ecce Homo no que se atopan as imaxes do Cristo da Columna e o Cristo de Medinaceli da Procesión do Prendemento.
Son pasos da Semana Santa dos séculos XVII e XVIII.
As Concellarías de Medio Ambiente e Turismo organizan dúas Xeorutas durante a Semana Santa. Serán os días 2 e 3 de abril. A cita foi presentada por Toñi Eijo e Ramiro Fernández.
O edil de Turismo contou que “un ano máis desde a Concellería de Medio Ambiente e Turismo do Concello de Burela vamos impulsar as Xeorutas de Semana Santa. É unha actividade que ten moi boa acollida entre a xente do pobo e tamén entre os visitantes e por iso decidimos seguir apostando por elas”.
Fernández Rey explicou que “nesta ocasión imos ter unha Xeoruta polo Perdouro o venres, día 2, de 10:30 a 13:30 horas; e o sábado 3 teremos unha Xeoruta pola Marosa tamén de 10:30 a 13:30 horas. Para apuntarse hai que chamar ao teléfono do Concello de Burela, 982.58.60.00, ou pode facerse a reservar de praza no blog rutasxeoloxicasdegalicia....
leer más