Peirao
Ribadeo homenaxeará a Víctor Moro nun acto que se desenvolverá o 22 de abril no peirao de Porcillán.
Ribadeo homenaxeará Víctor Moro Rodríguez nun acto que se desenvolverá o vindeiro sábado, 22 de abril.
No peirao de Porcillán ás 12 do mediodía descubrirase unha placa na honra deste ribadense nacido en 1926, de brillante traxectoria profesional e que sempre manifestou o orgullo da súa orixe.
Víctor Moro, economista e político, ostentou cargos directivos en Pescanova e no Banco de España e sempre foi un firme defensor da autonomía financeira galega.
Este recoñecemento da súa figura faise en cumprimento dun acordo plenario do Concello de Ribadeo a solicitude do grupo municipal do Partido Popular.
O acto do sábado abrirase coa intervención da Coral Polifónica de Ribadeo interpretando unha habanera, xénero polo que Víctor Moro sentía especial predilección. Ao ser...
leer más