Semana Santa
A Banda Municipal de Música de Ribadeo estreará tres marchas procesionais no concerto de Semana Santa que ofrecerá o 5 de abril, mércores, na igrexa parroquial de Santa María do Campo.
O director da Banda ribadense, David Ballester, anuncia que “chega o concerto de Semana Santa da Banda Municipal de Música de Ribadeo, que terá lugar o mércores 5 de abril ás 20:45 horas na igrexa parroquial de Santa María do Campo. Vai ser un repertorio todo de marchas procesionais, algunhas delas que xa interpretamos hai anos, pero tres das pezas que imos tocar están por primeira vez enriba dos atrís da Banda Municipal de Música de Ribadeo”.
David Ballester engade: “tanto desde a asociación Amadores da Música como desde a propia Banda queremos agradecer a colaboración da Confraría da Semana Santa de Ribadeo e dos párrocos da...
leer másA Concellaría de Mocidade presentou a programación deseñada para a vindeira Semana Santa. Está destinada a mozas e mozos de 0 a 35 anos do 1 ao 5 de abril.
O 1 de abril desenvolverase un programa de actividades formativas e de ocio para celebrar o Día da Xuventude. Está promovido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. No parque de San Francisco de 16 a 21 horas haberá gastronomía saudable, lecer educativo, punto de información, concienciación ambiental, igualdade de xénero, graffiti, habilidades para a empregabilidade e dinamización do entorno. Estas actividades, destinada a mozas e mozos de 12 a 35 anos, son de balde.
Os días 3, 4 e 5 de abril haberá un obradoiro tecnolóxico denominada Construímos unha smart city. Será na Casa da Xuventude de 11 a 13 horas para mozas e mozos a partir...
leer másO Concello de Viveiro, a través da súa Concellería de Turismo, organizou de novo esta Semana Santa unha serie de visitas guiadas con percorridos panorámicos e rutas de sendeirismo polo municipio. Xa está aberto o prazo de inscrición.
Estas actividades teñen un carácter gratuíto e un aforo limitado, polo que é precisa a confirmación previa da reserva a través da dirección de correo electrónico viveirovisitas@gmail.com
A saída de todos os itinerarios terá lugar na Estación de autobuses de Viveiro.
O programa de rutas de sendeirismo e percorridos panorámicos da Semana Santa 2023 de Viveiro inclúe nove propostas que comezan o sábado día 1 de abril coa Ruta dos Muíños de Balea e o domingo 2 de abril co Vivertren de Covas a Celeiro, ambos ás 16:00...
leer másA XXXII edición do Curso de Formación Orquestral de Xove, que se celebrará do 1 ao 5 de abril, foi presentada no Salón de Plenos do Concello coa presenza do alcalde, Demetrio Salgueiro; a concelleira de Cultura Dolores Meitín; e o director do evento, Xan Carballal.
Entre as actividades do curso inclúense un concerto de cámara, que se vai desenvolver o 4 de abril, e o concerto de clausura será o 5 de abril.
Os profesores invitados son Nazaret Canosa, Diego Segade, Nara Carballal e Antía Fernández.
Está organizado por Prestoxove e patrocina o Concello de Xove.
O Concello de Viveiro acolleu o acto de presentación do cartel da Semana Santa 2023 e do programa Adral, antesala da celebración relixiosa que reúne diferentes concertos, exposicións e conferencias.
“É emocionante pensar que xa queda tan pouco para vivir nas rúas de Viveiro o sentimento que acompaña sempre á nosa Semana Santa”, subliñou no acto a alcaldesa, María Loureiro.
“Quero animar a todos os cofrades e colaboradores da Semana Santa a retomar un ano máis a tradición máis antiga que ten Viveiro, arrimando todos o ombreiro para seguir consolidando esta celebración”, afirmou a rexedora.
“Para vivir de novo con todas as súas tradicións a Semana Santa de Viveiro, a Xunta de Cofradías traballa desde hai meses de forma incansable, polo que nunca lles estaremos o suficientemente agradecidos...
leer másSaúl Jiménez, de Carlos Fotógrafos será el autor del Cartel de la Semana Santa de Viveiro 2023, que se presentará el 4 de marzo.
El reconocido fotógrafo viveirense recibió el encargo de la Xunta de Cofradías de la Semana Santa de Viveiro en la pasada Cuaresma con el fin de poder trabajar durante la Semana Santa de 2022.
El autor de reconocido prestigio y nominado a los premios Goya, presentó una selección de fotografías entre las cuales se ha seleccionado el citado Cartel y otras veintiuna que se expondrán en la Plaza Mayor durante la Semana Santa.
El viveirense Emilio Xosé Insua será el pregonero de la Semana Santa, escritor, orador, historiador y gran estudioso su trayectoria es bien reconocida en Viveiro.
El pregón tendrá lugar en el Teatro Pastor Díaz el 1 de abril.
A cita propón varias actividades de balde sobre a Semana Santa e un concurso de debuxo infantil
O Concello de Viveiro súmase á celebración do I Día da Rede Europea de Celebracións de Semana Santa e Pascua, programado para os próximos 1 e 2 de outubro.
A iniciativa está organizada pola propia Rede Europea, da que Viveiro forma parte. A cita nace con carácter anual para dar a coñecer os valores culturais tanxibles e intanxibles da Semana Santa, fóra da súa época de celebración, ademais de ofrecer unha oferta turística e cultural para a poboación local e visitante.
Durante os días en que terá lugar, cada localidade membro da Rede organiza actividades que se desenvolverán de forma simultánea en todos os lugares adheridos á mesma. En total, celébranse nas distintas cidades máis dunha trintena...
leer másO Concello de Cervo ofrece alternativas turísticas para todos os gustos e todas as franxas de idade esta Semana Santa.
Un dos principais atractivos naturais do noso municipio son as rutas de sendeirismo, que están coidadas e sinalizadas. Hai rutas que bordean a costa, como poden ser o sendeiro azul, a ribeira de Lieiro, a ruta ornitolóxica, ou a ruta das canteiras; e se hai preferencia por unha zona máis interior, pódese optar pola ría que percorre a beira do río Xunco ata Sargadelos, onde se pode camiñar polo Paseo dos Namorados ata chegar á fervenza ou, se estades interesados nas plantas, coñecer ao detalle a nosa flora a través da Senda Botánica.
Alí atopámonos unha das xoias patrimoniais e turísticas do noso municipio, que é o Conxunto Histórico e Artístico de Sargadelos. Esta localización, declarada Ben de...
leer másO Concello de Burela organiza as Xeorutas de Semana Santa que se celebrarán os días 15 e 17 de abril.
O venres 15 de 10:30 a 13:30 horas terá lugar a Xeoruta do Perdouro. O domingo 17 de 16:30 a 19:30 horas desenvolverase a Xeoruta da Marosa.
As saídas serán da Oficina de Turismo, no porto de Burela. As persoas interesadas poden inscribirse no Concello de Burela, no teléfono 982 586 000, ou en rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com.es.
A Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro continuará co seu programa cultural Adral, o vindeiro domingo, 13 de marzo, coa presentación en Sevilla da Semana Santa viveirense. No acto, que terá lugar ás 11:00 horas na igrexa de San Ignacio de Loyola, intervirán o presidente da Xunta de Cofradías, José Veiga, e a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro. Despois ofrecerá un concerto a banda Nuestra Sra. De la Misericordia de Viveiro.
O venres, 18 de marzo, ás 20:30 horas na igrexa do Convento da Concepción, actuará o Grupo de Gaitas do Conservatorio de Música de Viveiro. O xoves, 24 de marzo, ás 20:30 horas na igrexa de Santa María, ofrecerán un concerto os Alumnos de Vento do Conservatorio de Música de Viveiro. O sábado, 26 de marzo, celebrarase o X Certame de Bandas Cidade de Viveiro e ás 19:30 horas haberá pasarrúas polo casco vello de...
leer más