O Concello de Cervo anuncia que “novembro é o mes do teatro en San Román de Vilaestrofe”. Haberá representacións os días 3, 10, 16, 17 e 23 no pavillón.
A primeira será este domingo, día 3 de novembro, da man do Grupo de Teatro A Mariña, ás 19:00 horas. Representará a obra titulada Teatro contra o bullying: eres único. A seguinte representación deste ciclo correará a cargo de A Adala Futura, que ofrecerá a obra Rosalía Café. Será o domingo 10 ás 19:00 horas. A compañía Pico do Castro representará Trato a cegas o sábado 16, tamén ás 19:00 horas. A Adala ofrecerá a obra Marina Club o domingo 17 ás 19:00 horas. E rematará o ciclo co grupo Argalleiras, que representará Autopista o sábado 23 ás 18:30 horas.