Teatro do Atlántico presenta Xuízo a unha lurpia este sábado, 4 de novembro, ás 20:30 horas, en Viveiro. Será no Teatro Pastor Díaz. A obra está protagonizada por María Barcala.
Baixo a dirección de Xulio Lago, esta obra de Miguel del Arco adaptada por Inma López Silva, atopámonos coa bela Helena de Troia pero no século XXI. Helena é agora unha muller con certos signos que nos falan do implacable paso do tempo aínda que cunha enerxía desbordante transitando, habitando nunha especie de tobogán emocional transitado polos intensos episodios da súa travesía vital. Nesa vida mestúranse a dor da nena violada por Teseo coa dor da esposa obrigada por Menelao, a paixón da amante namorada do fermoso Paris co desafío e o rencor polo seu pai Zeus. Helena diríxese reiteradamente a nós preguntando quen escribe a historia e rexeitando a maneira en que foi contada a súa visa. Agora quere que antes de xulgala, escoitemos a súa versión dos feitos.
O autor, tomando como referencia esta personaxe da mitoloxía grega, comparte co público unha reflexión ao redor do drama da muller contemporánea e das circunstancias polas que atravesa a nosa civilización.