Primavera
O venres, día 22, ás 21:00 horas, terá lugar a lectura do pregón que correrá a cargo de Manuel Lourenzo. Posteriormente actuarán Miro Casabella e A.C.M. Dambara, haberá baile en zocas coa A.C. Amado Lar e inaugurarase a exposición Pintores do noso Val. Ás 23:00 horas será o II Zoc&Roll con Cuarta Xusta & Zënzar.
O sábado 23 das 10:00 ás 13:00 horas, celebrarase a 2ª Xuntanza Automóbiles Clásicos Val do Ouro. Ás 11:30 horas será o pasacalles e bailes coa A.C. Amado Lar, o desfile de zocas, zocos e vestimenta, e a sesión vermú coa A.C.M. Dambara e Escolma de Meus.
O sábado pola tarde a partires das 16:00 horas, haberá actividades infantís e familiares e desde as 18:00 horas actuarán polas rúas Festicultores Troupe e Charanga Mekánica.
A xornada rematará co concerto que, desde as 24:...
leer másA Deputada de Cultura, Pilar García Porto, o Alcalde do Concello do Valadouro, Edmundo Maseda Maseda, e o Concelleiro de Cultura, Eduardo Chao González, presentaron este luns no Pazo de San Marcos, a XII Edición do Mercado Tradicional da Primavera do Valadouro que se celebrará os días 23 e 24 de marzo, no que colabora o Goberno da Deputación cunha achega de 6.000 euros.O Executivo Provincial é a unica administración, xunto co Concello, que promove económicamente este evento, no que colaboran diversas asociacións da vila.
García Porto avanzou“que nesta cita participarán preto de 90 postos con toda clase de produtos autótonos, como mel, pan, empanadas, embutidos, así como outro tipo de stands con outro tipo de mercadorías como roupa, calzado ou artesanía. Polo tanto, esta cita é unha oportunidade única para visitar a Mariña Lucense, e ao...
leer másA Concellería de Cultura de O Valadouro organiza a XII edición do Mercado Tradicional de Primavera, que se celebrará os días 23 e 24 de marzo.
O venres 23, o programa comezará ás 21:00 horas con pasarrúas a cargo da A. C. Amado Lar, ás 21:30 horas será o pregón inaugural que ofrecerá Lionel Rexes, e ás 22:00 horas terá lugar unha exhibición de baile en zocas.
O sábado 24, o Mercado abrirase ás 10:00 horas. Entre as 11:00 e as 19:00 h. celebrarase unha exposición de vehículos clásicos, no aparcadoiro municipal a carón da piscina, e das 12:00 ás 18:00 horas, unha exposición de vespas clásicas na Avenida da Veiga. Tamén haberá Ludo-Enxebre para nenos e nenas de 3 a 12 anos, na praza, de 11:00 a 14:00 horas, e de 16:00 a 19:00 . Terá lugar ademais un Foto-Enxebre de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:00 h, e Tiro con...
leer másO Concello de O Valadouro organiza a décimo primeira edición do Mercado de Primavera que terá lugar os días 24 e 25 de marzo.
A feira comezará o venres 24 coa lectura do pregón a cargo de Miguel Vila ás 21:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura onde terá lugar unha exhibición de baile en zocas. Ás 22:00 horas haberá xogos rurais no aparcadoiro municipal a carón da piscina. As inscricións poden facerse nas oficinas da Casa da Cultura ata as 20:00 horas. Ás 23:00 horas celebrarase un concerto de rock con Chris Masuak & Viveiro Wave Riders, tamén no aparcadoiro municipal.
O sábado 25 ás 10:00 horas terá lugar a apertura de postos de mercado na rúa Andrés López Palmeiro. Desde as 11:00 horas desenvolverase o Fotoenxebre ata as 14:30 horas, e pola tarde de 16:30 a 19:30 horas, na subida da igrexa parroquial...
leer más